Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Boeing e Xunta selan un acordo para impulsar en Lugo a formación en aeronáutica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Boeing e Xunta selan un acordo para impulsar en Lugo a formación en aeronáutica

Redacción
Publicado: 16/07/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20190715argereyisarra1.jpgO proxecto Civil UAV Initiative, o polo de innovación e desenvolvemento aeroespacial das Rozas (Lugo), vén de recibir un novo importante impulso. Este pulo deuse a coñecer onte, no marco do sétimo congreso de Isarra (Sociedade Internacional de Investigación Atmosférica Usando Aeronaves Remotamente Tripuladas), que reúne en Lugo (ata o 23 de xullo) a uns setenta expertos internacionais no ámbito da instrumentación atmosférica aplicada ás aeronaves non tripuladas. A cita foi inaugurada pola directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, quen anunciou a colaboración da Xunta e a multinacional Boing para pór en marcha unha aula móbil dende a que facer avanzar a formación en matemáticas e aeronáutica. Habilitarase en outubro.
Durante a súa intervención, a directora tamén salientou o compromiso da Xunta de Galicia co devandito Polo Aeroespacial de Galicia, cuxo investimento público-privado total ascende a 164 millóns de euros. Asemade, recalcou o traballo conxunto entre a Xunta e o INTA para converter As Rozas “no centro de investigación e innovación de referencia arredor dos avións non tripulados, co obxectivo último de crear en Galicia un ámbito de especialización nun sector de intensidade tecnolóxica alta e cun gran potencial de crecemento como é o aeroespacial”.
A respecto do acordo con Boeing, sinalou que Lugo será o primeiro emprazamento da iniciativa de formación móbil, a Aula Newton, unha contribución divulgativa que busca estimular as vocacións científico-tecnolóxicas, formando en matemáticas e aeronáutica a través da experimentación práctica, entre alumnos de primaria e secundaria.
A posta en marcha da aula é unha das actuacións previstas no programa de vocacións científico-tecnolóxicas da Civil UAVs Initiative, que a Xunta de Galicia levará a cabo en colaboración cos socios estratéxicos Indra, Babcock e Boeing para estimular as carreiras STEM entre os máis novos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?