Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC da UDC acolle a terceira edición do International Workshop on 5G Communications
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC da UDC acolle a terceira edición do International Workshop on 5G Communications

Redacción
Publicado: 17/07/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

foto_o_citic_da_udc_acolle_a_terceira_edicion_do_international_workshop_on_5g_communications.jpgO Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña vén de converterse na capital mundial da tecnoloxía 5G coa celebración da terceira edición do International Workshop on 5G communications (IW5GC2019), que comezou este martes 16 de xullo e remata mañá, día 18. Organizado xunto coa Universidade de Tongil (China), recibiu a visita de máis de 30 asistentes internacionais.
Este evento, que reúne a persoas graduadas de diferentes universidades españolas e chinesas, exerce, en palabras do CITIC, de “punto de encontro e de intercambios académicos, para ofrecer unha descrición xeral dos avances da investigación actual no modelado de canles para comunicacións de quinta xeración”. Ao fío do devandito e poñendo o foco na importancia de intercambiar coñecemento arredor de tecnoloxías avanzadas e relevantes (un dos grandes obxectivos do CITIC), o centro coruñés salienta que “a celebración deste evento de referencia internacional é para nós un orgullo; un xeito de compartir coñecemento, experiencias e innovación no campo da tecnoloxía 5G”, afirma o director do CITIC, Manuel F. González Penedo.
Cuestións como sistemas de alta frecuencia, comunicacións masivas MIMO, esquemas dúplex completos, comunicacións de vehículos, escenarios de terra e aire e comunicacións ópticas, codificación 5G, optimización da rede, melloras á rede de acceso de radio ou a optimización do control de recursos de radio, entre outras, foron abordadas nesta xornada, que rematará mañá co peche das sesións de workshop e a entrega de diplomas no paraninfo da reitoría da UDC. Este acto de peche contará coa presencia do reitor da UDC, Julio Abalde, o director do CITIC, Manuel Penedo, e o coordinador do grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións da UDC, Luis Castedo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?