Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Péchase a primeira edición da aceleradora de R cun Demo Day dos proxectos participantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Péchase a primeira edición da aceleradora de R cun Demo Day dos proxectos participantes

Redacción
Publicado: 17/07/2019
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

demoday_17xullo19.jpgEste 17 de xullo celebrouse na Cidade de Cultura de Santiago a presentación dos logros acadados pola aceleradora da operadora galega R, a startups DiCo Challenge. A cita, un Demo Day, significou o peche da primeira edición de DiCo. Ao seu abeiro mostráronse múltiples e interesantes detalles dos catro proxectos que participaron na estrea da lanzadeiras. Participaron os representantes das entidades impulsoras da aceleradora (R, a axencia AMTEGA), os responsables dos ditos catro proxectos e unha manchea de empresas e de potenciais clientes dos seus servizos.
Eladio Otero, xefe do Departamento de Innovación Tecnolóxica da AMEGA e máis Alberto Díaz Freire, responsable de servizos de Transformación Dixital de R e do Grupo Euskaltel, foron os encargados de abrir a xornada de demostración, na que as catro iniciativas impulsadas expuxeron, ante una audiencia do sector, os logros e avances obtidos dentro do plan da aceleradora de contidos dixitais de R ao longo dos últimos meses.
Eladio Otero lembrou que DiCo Challenge enmárcase no Plan Dico Mindset para promover o sector dos contidos dixitais en Galicia; unha estratexia impulsada dende a Administración autonómica en colaboración co Clúster TIC e do Audiovisual de Galicia para configurar “un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo, que neste momento aglutina arredor de 900 empresas con preto de 5.400 empregados”.
Pola súa banda, Alberto Díaz Freire salientou que “xunto aos retos de referencia dos 4 proxectos desenvolvidos con éxito durante estes meses, consideramos igualmente acadado o reto primeiro de R: levar adiante esta primeira edición do programa startupsR DiCo Challenge, un plan con vocación de futuro para atopar talento emprendedor en Galicia e fornecer dun novo empurre os contidos dixitais na nosa Comunidade”.
Logo das presentacións, o responsable de Audiovisuais de R e do Grupo Euskaltel, Javier Rodríguez, destacou a “importancia da relación entre os equipos dos proxectos e os mentores, factor que foi o verdadeiro motor do traballo ao longo dos catro meses da fase de aceleración, co foco sempre posto en solucións de interese para o sector dos contidos profesionais e pensando, en suma, nos usuarios finais”.
As presentacións
Durante algo máis dun hora, da man de mentores e voceiros dos equipos dos proxectos, o auditorio coñeceu ao detalle as ideas desenvolvidas no programa: xogos para a mente, teatro en realidade virtual, trámites áxiles e intelixencia televisiva.
No eido das aplicacións para Android TV, Norman Suárez, de Cuicui Studios defendeu o proxecto Brain Games TV, mentorizado por Antonio Ratón, responsable de Desenvolvemento de Audiovisuais de R e do Grupo Euskaltel, quen explicou que “a plataforma aberta do Grupo Euskaltel, baseada en Android TV, achégalles a outras compañías o desenvolvemento de aplicacións que enriquecen, co seu contido, o valor das nosas propostas audiovisuais. Desta volta incorporamos aos nosos decodificadores unha proposta de xogos e dinámicas deseñadas por pedagogos e validados cientificamente, para público infantil e adulto, que potencian a parte lúdica e nos permiten xogar, co mando da tele, a enredos para aumentar a nosa axilidade mental”.
dico-challenge-startups-r-3.jpg Na área dos contidos formativos e divulgativos innovadores, Jorge Algora, de Adivina Producciones, explicou o proxecto Teatro Go, mentorizado por Diego Rodríguez Devesa, responsable de contidos de televisión de R. Trátase dun servizo de retransmisión en diferido de contidos culturais, especificamente teatrais, integrado na plataforma de contidos de R e baseado en tecnoloxías de realidade virtual en 180a. Segundo Diego Rodríguez, “a aplicación permite que calquera persoa poida acceder de xeito sinxelo a esta clase de contidos, e gozar deles cun elevado grao de calidade e realismo, dende o salón da casa pero coma se estivese na primeira fila da platea”. Míkel Díaz, do centro tecnolóxico Gradiant, falou polo miúdo do proxecto AliCE (www.alicebiometrics.com), asesorado por José Cadavid, responsable de Infraestrutura e Servizos Online de R e do Grupo Euskaltel. A proposta é un sistema de recoñecemento facial pensado para os clientes de R e doutras compañías. “Coa aplicación das chamadas tecnoloxías biométricas de ALiCE seremos quen de xestionar altas e realizar calquera operación contractual dende o móbil, con rapidez e seguridade, confirmando de maneira automática a identificación dos usuarios e evitando a suplantación de identidade”, explicou Cadavid.
Para rematar, Mario Pérez (Galopiño), de Datanimbo Consulting, mostrou os fitos da súa proposta de Big Data para o eido televisivo, unha iniciativa auspiciada por Esther Medina, xefa do Servizo de Innovación no Entorno Dixital da CRTVG. O proxecto consiste na posta en marcha dun sistema de aprendizaxe máquina (Machine Learning) orientado a profundar no coñecemento das comunidades de programas de televisión. Segundo Esther Medina, Datanimbo “contribúe a detectar nas redes sociais comunidades reais de programas en directo da TVG e, polo tanto, facilítanos un maior coñecemento dos espectadores”.
5 retos, 6 meses e 4 gañadores
Un total de 42 propostas (startups e emprendedores, pequenas e medianas empresas e algún centro tecnolóxico e universitario) responderon aos 5 retos tecnolóxicos lanzados o pasado decembro nos inicios da primeira edición de startupsR DiCo Challenge, que se pecha arestora tras 6 meses de traballo. En febreiro, o comité avaliador (dous representantes de R, dous da AMTEGA e máis un da CRTVG, patrocinadora dun dos retos) escolleron 20 propostas que pasaron á fase de preaceleración.
Durante varias semanas, os emprenderores escollidos mantiveron contacto directo cos seus mentores en obradoiros para preparar o seu modelo de negocio e a defensa da súa idea nunha xornada Pitch Day da que saíron os 4 proxectos definitivos que pasaron á fase de aceleración.
Daquela, comezaron os procesos de asesoramento, titoría, formación e seguimento durante 4 meses nos que os proxectos contaron tamén coa axuda económica da AMTEGA para afrontar os gastos cotiáns durante o desenvolvemento do traballo.
Tiraron proveito, amais, do espazo startups R no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura e traballaron man a man co operador galego, podendo acceder á súa infraestrutura e modelo de negocio e ás súas instalacións, ademais de camiñar a carón de R durante este tempo, “gañando en visibilidade”. De maneira complementaria, quen traballaron no reto patrocinado pola CRTVG contaron cun mentor da entidade e cos seus medios e infraestruturas.
Trala xornada Demo Day deste 17 de xullo, na que as iniciativas gañadoras recolleron un premio en recoñecemento ao seu traballo ao longo destes seis meses, ábrese agora un período de saída progresiva da aceleradora de todas elas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?