Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 24 de xullo comezan os primeiros acendidos das novas frecuencias de TDT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 24 de xullo comezan os primeiros acendidos das novas frecuencias de TDT

Redacción
Publicado: 19/07/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

segundo_dividendo.jpgA vindeira semana, o día 24, comezan os primeiros acendidos de novas frecuencias de Televisión Dixital Terrestre (TDT). O proceso arrincará en Mallorca, Eivissa e Formentera, así como en 94 municipios da provincia de Cáceres. Dous días máis tarde, a posta en marcha das frecuencias estenderase a dúas ducias de concellos de Huelva.
Segundo informa o Goberno central, estas novidades implican que uns 36.000 edificios destas zonas teñan que adaptar as súas instalacións de antenas colectivas para continuar recibindo a oferta completa de canles de TDT. Disporán para iso dun prazo máximo de seis meses.
Iso si, para facilitar o proceso de adaptación e achegar unha marxe razoable, durante un tempo as cadeas de televisión emitirán de maneira simultánea a través das frecuencias nova e antiga (simulcast), antes de proceder ao apagado desta última.
Así o explicou hoxe o director xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información da Secretaría de Estado para o Avance Dixital, Roberto Sánchez, que aclarou que o cambio de frecuencias non afectará a todos os edificios das zonas sinaladas de Baleares, Cáceres e Huelva. En concreto, deberán realizar adaptacións os edificios comunitarios de tamaño mediano ou grande que estean equipados con sistemas monocanle ou centrais programables.
Durante os vindeiros seis meses, estas comunidades de veciños, unhas 36.000, nas que viven 760.000 persoas, deberán contactar cun instalador rexistrado para realizar o cambios precisos nos sistemas de recepción dos seus edificios. Ficarán excluídas deste proceso as vivendas individuais, onde só será preciso resintonizar os televisores para “poder gozar da oferta completa de TDT, unha vez que finalicen os simulcast”, informou o director xeral, que engadiu que estas novidades non van significar “a aparición nin desaparición de canles, só desprázanse de frecuencias”. Así mesmo, dixo que o proceso non implicará a obsolescencia de televisores nin descodificadores TDT.
O cambio de frecuencias da TDT prodúcese a consecuencia da liberación do chamado Segundo Dividendo Dixital, pola que se despexará a banda de 700 MHz do espectro radioeléctrico, hoxe parcialmente ocupada pola TDT, para permitir aí o despregue de futuras redes de telecomunicacións 5G.
En cumprimento das obrigacións impostas pola Unión Europea, a banda de 700 MHz deberá estar plenamente dispoñible antes do 30 de xuño de 2020.
O director xeral avanzou que en setembro continuarase cos cambios de frecuencias noutras zonas de España como Albacete, Almería, Badaxoz e Santa Cruz de Tenerife.
En total, de acordo ás estimacións realizadas pola Secretaría de Estado para o Avance Dixital, o proceso abranguerá ao redor de 850.000 edificios e 21 millóns de habitantes. Ficarán exentos dos cambios de frecuencias nas múltiples dixitais de ámbito nacional e autonómico Asturias, Barcelona, A Coruña, Menorca, Melilla e unha parte das provincias de Toledo e Murcia.
Os cidadáns e cidadás poderán consultar todas as súas dúbidas en http://www.televisiondigital.es/, e no teléfono 901 20 10 04 e no número gratuíto 954 30 65 01. A partir do 2 de agosto, este último será substituído pola liña de atención telefónica gratuíta 910 889 879.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?