Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A feira Pont-Up Store mostrará ante o mundo medio cento de proxectos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A feira Pont-Up Store mostrará ante o mundo medio cento de proxectos

Redacción
Publicado: 23/07/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_pont_up_store_ps3.jpgA feira de emprendemento innovador de Pontevedra, a Pont-Up Store, vai contar nesta sexta edición con preto de 50 iniciativas que mostrar ao mundo (dun total de 168 candidaturas). En total, 46 proxectos, o que representa un incremento do 17% con respecto á anterior edición. Este ano, destaca a cantidade de empresas de nova creación que artellan solucións para reducir a pegada ecolóxica desde múltiples ámbitos, así como as iniciativas para activar o rural galego, que suman un terzo do total de propostas presentadas.
No que está considerado como o maior encontro do novo emprendemento en Galicia, 34 do total de 46 iniciativas seleccionadas contarán con postos gratuítos para amosar os seus produtos, ideas e servizos e 14 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades demostrativas, con propostas como mercadotecnia olfativa, probas con vehículos eléctricos, sesións de formación científico-tecnolóxica para a mocidade, un taller de maxia, un obradoiro de panadería artesá e unha proposta práctica sobre como reducir o consumo de residuos plásticos. Pola súa banda, dez emprendementos participarán no Puntazo Exprés, onde terán a oportunidade de explicar en cinco minutos cadansúas propostas perante executivas e executivos de grandes empresas e entidades galegas.
O docente e investigador da Universidade de Vigo e director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa, explicou que “nesta edición volvemos constatar un importante incremento na cantidade e calidade dos emprendementos que presentaron candidatura, tanto no seu carácter innovador como no potencial de desenvolvemento”.
En canto á procedencia das candidaturas, Figueroa sinala que “o Pont-Up Store consolídase como o referente do novo emprendemento en Galicia cun terzo das candidaturas procedentes de fóra das sete grandes cidades galegas, o que é indicativo da boa saúde das dinámicas emprendedoras nas vilas e no rural galego”.
Entre as empresas especificamente orientadas á sustentatibilidade destacan: Huella Menguante, unha tenda online de produtos de uso diario orientados a reducir os residuos plásticos; Beflamboyant, fabricante de zapatillas veganas; eezon E3, fabricantes de scooters eléctricos de tres rodas para moverse pola cidade; D- Raíz, marca de complementos de moda sustentel manufacturados en Galicia; Estudio Avelaíña e Cetácea Studio que fan deseño creativo co obxectivo de “salvar o mundo”; Factoría Atelier, que recupera móbeis e fai creacións artesanais de decoración e complementos a partir de materiais recuperados e sustentables; Meraki Ferments, que son os primeiros en elaborar Kombucha en Galicia; Somos Terra, que ofrecen formación e asesoramento; Farrapos e contos, un movemento ecolóxico, solidario e consciente creado a partir dunha marca de roupa conta contos; a cooperativa Catro Ventos, unha editora enfocada a publicacións de ecoloxía e economía social; Toxo Aventura e Rooteiro, que ofrece propostas de turismo limpo; e a cooperativa Triquels, que axuda a empresas con valores a mellorar a súa comunicación e sustentabilidade.
Dende o rural, participarán na feira proxectos como MycoGalicia Plantae, que se centra na xestión e valorización do recurso micolóxico dos montes galegos para o desenvolvemento rural; Tres Fuciños, unha cooperativa de porcos celtas criados en liberdade nos soutos e carballeiras; e Galician Rural Lab, que propón unha plataforma de empoderamento das parroquias do rural galego a través do método da fotografía e o vídeo participativo. Tamén vén do rural A3 Proyectos, dedicada á representación virtual de proxectos de enxeñaría e arquitectura. Outras propostas con base tecnolóxica son Kidcode, pero neste caso cun proxecto de formación científico-tecnolóxica para rapaces, enfocado a axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades a través da tecnoloxía. Ou TICgal, que dá soporte a unha aplicación opensource chamada GLPI; Nososono, un espazo online onde artistas, deseñadores emerxentes e artesáns expoñen, difunden e venden os seus produtos pensados e fabricados a man; Mundo Escénico, unha plataforma dixital creada co obxectivo de modernizar, democratizar e facer máis accesible o mundo das artes escénicas en Galicia; Koompany Growth Partner, unha consultora de crecemento, negocio dixital e mercadotecnia en liña; a Revista Morcego, publicación dixital centrada exclusivamente en información sobre videoxogos en galego e Siente VR, unha produtora de contidos inmersivos a través de fotografía e vídeo en 360º.
Tamén se vai presentar Apelmatic, adicada ao mundo da mercadotecnia olfativa como ferramenta para conquistar público mediante os aromas, que ofrecerá os seus servizos durante o encontro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?