Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis do 85% dos fogares galegos teñen contratado servizo de acceso á Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis do 85% dos fogares galegos teñen contratado servizo de acceso á Rede

Redacción
Publicado: 26/07/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

access-blog-browsing-2349209.jpgO 85,6% dos fogares galegos ten un servizo de Internet contratado, segundo se recolle no estudo A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2018, publicado hoxe polo OSIMGA. Esta porcentaxe supón un incremento dun 20% respecto ao ano 2015, o dobre que o rexistrado no conxunto do Estado no mesmo período de tempo.
O informe amosa que o crecemento na contratación de conexións de acceso á Internet rexístrase especialmente nos núcleos de menos habitantes. Así nas entidades de poboación con menos de 5.000 persoas, a porcentaxe de fogares con servizo de Internet sitúase no 69%, fronte ao 54,4% de 2015; e nos núcleos de 5.000 a 10.000 habitantes o 81% do fogares dispoñen deste servizo, fronte ao 65,5% rexistrado tres anos antes.
Cómpre destacar como a convivencia con nenos eleva, considerablemente, a porcentaxe de contratación de Internet. O 99% dos fogares con nenos en idade escolar teñen internet contratado mentres que nos fogares sen nenos a porcentaxe descende ata o 81,4%.

Contidos
  • Máis uso da Internet
  • Dispositivos, usos e aplicacións móbiles
  • Roupa e viaxes, as compras en liña preferidas
  • Xestións coa Administración

Máis uso da Internet

No 2018 amén aumenta a porcentaxe de usuarios da Internet, que acada o 80%, 10 puntos máis que tres anos antes. Neste indicador destaca o incremento rexistrado entre os maiores 65 anos, dos cales un 34,8% accederon á Internet en 2018, mentres que en 2015 esta porcentaxe non superaba o 21%. Aumenta, tamén, o uso entre as persoas de 55 a 64 anos, que pasa dun 50% en 2015 a máis dun 67% en 2018.
Este incremento é especialmente significativo en Galicia, onde máis do 25% da poboación ten máis de 65 anos. Nas restantes franxas de idade, os galegos igualan ou superan a media estatal no uso da rede con valores por riba do 96%,agás na franxa dos 45 aos 55 anos que se sitúa nun 88,8%, só a 2 puntos de distancia da media do Estado.
Ao igual que na contratación, a convivencia con nenos incide significativamente no uso da Iternet. Así, nos fogares con nenos en idade escolar obrigatoria a porcentaxe de uso sitúase no 93,5% mentres que nos fogares sen nenos descende ata o 75,3%.

Dispositivos, usos e aplicacións móbiles

O móbil desbanca ao portátil para acceder á Rede. O 98,2% dos fogares galegos empregan o teléfono móbil para conectarse á Internet, mentres que o ordenador portátil é empregado polo 65,8% dos fogares.
Aos usos habituais da Rede, como a busca de información ou o envío de correos electrónicos, súmanse novos usos como a banca electrónica, que empregan o 58,9 dos galegos ou os espazo de almacenamento na nube, aos que recorren o 46,5% dos internautas.
O 76,5% da poboación que utilizou Internet empregou redes sociais nos últimos tres meses, destacando as orientadas á comunicación e ao intercambio de mensaxes (WhatsApp, Telegram, Skype…), de modo que a actividade máis estendida en redes é a de chatear e/ou enviar mensaxes.
En canto ás aplicacións no móbil, as máis empregadas polos galegos son as redes sociais, ás que acceden o 95,6% dos galegos con smartphone, seguidas das de metereoloxía cun 71% de usuarios e as de banca electrónica cun 53%.

Roupa e viaxes, as compras en liña preferidas

O 46,6% dos internautas fixo algunha compra a través da Rede nos últimos tres meses. Entre os produtos e servizos adquiridos destacan a roupa e complementos (52,3%), produtos e servizos relacionados coas viaxes (billetes para medios de transporte, aluguer de coches, hoteis… (33,5%), roupa e material deportivo (31,7%) e entradas para espectáculos (29,8%).

Xestións coa Administración

Dous de cada tres internautas xestionaron online coa Administración no último ano, o que sitúa a Galicia a 20 puntos por riba da media estatal no uso da Administración dixital.
As xestións sanitarias, como a solicitude de cita médica ou o cambio de tarxeta, xunto coa tramitación da declaración da renda, son as xestións administrativas más frecuentes. O 72% dos galegos fixo xestións sanitarias coas administracións no último ano e o 50,4% utilizou Internet para presentar a declaración da renda.
En torno ao 13% os internautas galegos empregaron Internet para facer xestións educativas, universitarias ou non, apuntando tamén un incipiente 5% de trámites agrogandeiros realizados en liña, como a solicitude de permisos de queima ou movemento de gando.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?