Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra a carteira de clientes de Euskaltel en todos os seus servizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra a carteira de clientes de Euskaltel en todos os seus servizos

Redacción
Publicado: 26/07/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

euskaltel_mapa.jpgO Grupo Euskaltel, que integra as marcas Euskaltel, Telecable e máis a galega R, presentou esta semana os seus resultados de actividade relativos ao segundo trimestre de 2019. No informe, como dato destacable de apertura, reflíctese “un cambio na tendencia de evolución do negocio” ao longo do devandito período. Euskaltel salienta o crecemento na base de clientes e na rendibilidade, cunha suba do 4% do EBITDA (beneficio bruto estimado antes de deducir gastos financeiros) e cun aumento de usuarios en todos os servizos: banda larga, televisión de pago, telefonía móbil e telefonía fixa.
Os ingresos acadaron os 171,1 millóns de euros impulsados polo crecemento do 1,3% no mercado masivo, “grazas ao éxito do plan de expansión nos novos territorios”, explican fontes do grupo, engadindo que os ingresos ascenden finalmente a 342,8 millóns de euros no semestre.
O beneficio bruto de explotación medrou como dixemos un 4% sobre o trimestre anterior, chegando aos 84,4 millóns de euros, cunha marxe sobre ingresos do 49,4%, o que representa “un máximo histórico no últimos cinco trimestres”, explica o grupo, apuntando que esta taxa supón un medre de 210 puntos básicos. En total, 165,5 millóns de euros no semestre.
A base de clientes de mercado masivo creceu en 4.000 novos usuarios, ata alcanzar os 772.000 usuarios dos servizos do grupo no dito período, volvendo á tendencia de crecemento. A comunidade de Euskaltel, R e Telecable supera desta maneira os 2,8 millóns de produtos contratados, o que supón unha suba de máis de 43.000 novos contratos.
A base de clientes de alto valor crece no segundo trimestre do ano:
· 24.000 novas liñas de móbil postpago, indo alén dos 1,15 millóns de liñas.
· 7.000 novos servizos de banda larga, ata alcanzar os 587.000.
· Aumento de 10.000 novos usuarios en televisión de pago, superando os 465.000, cunha penetración superior ao 60% sobre a base de clientes.
· Os servizos de voz fixa medra en 3.000, sumando máis de 621.000.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?