Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O DOG publica a Lei de Administración Dixital de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O DOG publica a Lei de Administración Dixital de Galicia

Redacción
Publicado: 26/07/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

admin_dixital.jpgO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Lei da Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA), o marco xurídico para consolidar unha administración integramente dixital e universalizar o seu uso e acceso a toda a cidadanía. Os primeiros desenvolvementos normativos desta Lei serán os relativos á automatización do prazo por incidencias técnicas, ao rexistro electrónico de apoderamentos e á concreción do marco galego de competencias dixitais.
A lei, que entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación, adapta á realidade do sector público autonómico as obrigas das leis estatais 39 e 40/2015 e aséntase en tres principios; só unha vez, evitando reclamar datos que xa obran en poder da Administración; a proactividade, empregar a información que a Administración ten do cidadán para prestar servizos personalizados e adiantarse ás súas necesidades; e a automatización dos procesos para conseguir unha xestión máis eficiente.

Contidos
  • Oficinas de atención á cidadanía e funcionario habilitado
  • A sede electrónica e a carpeta do cidadá
  • Capacitación dixital
  • Posto de traballo dixital
  • Regulación para o funcionamento dixital interno
  • Infraestrutura dixital

Oficinas de atención á cidadanía e funcionario habilitado

Entre as principais novidades da Lei está a transformación das actuais oficinas de Rexistro en espazos de asesoramento e apoio, nos que prestará asistencia aos cidadáns na xestións online coa Administración, tanto na presentación de escritos e solicitudes como na tramitación da identificación dixital ou na formalización de apoderamentos de representación. Precisamente, a creación dun rexistro de apoderamentos será un dos primeiros desenvolvementos normativos da Lei, que permitirá que unha persoa autorizada poida facer trámites telemáticos en representación doutra.
Nesta liña, a Lei tamén establece a posta en marcha da figura do funcionario habilitado, que posibilitará que unha persoa autorizada ou un funcionario poida realizar trámites telemáticos en nome doutra persoa.

A sede electrónica e a carpeta do cidadá

A lei consolida a sede electrónica da Xunta como o punto de acceso único, sinxelo e accesible na rede a calquera recurso ou servizo da Administración. A lei dá especial relevancia a carpeta do cidadá, na que poden xestionar online toda a información referente aos seus trámites administrativos e consultar o estado dos mesmos con todas as garantías de seguridade. En base a esta información a Administración poderá prestar servizos personalizados e proactivos, evitando a reclamar a petición daquela documentación que xa consta na carpeta do cidadán.
En relación coa tramitación online, un dos primeiros desenvolvementos normativos desta Lei será a tramitación do Decreto de ampliación automática de prazos, que garantirá a ampliación do prazo daqueles procedementos que se vexan afectados por unha incidencia técnica durante a súa xestión.

Capacitación dixital

A norma define, por primeira vez, a creación dun marco galego de competencias dixitais, tomando como referencia o marco común da Comisión Europea nesta materia, para que os cidadáns poidan acreditar os seus coñecementos dixitais e mellorar as súas competencias profesionais. Ademais, promoverase a inclusión dixital con actuacións de formación en función do nivel (alfabetización, capacitación e innovación dixital), na que a Rede de Aulas CeMIT constituirá un instrumento de apoio importante.
Así mesmo, a lei contempla a definición dun Plan de capacitación dixital do empregado público dirixido a todas as persoas que traballan nas administracións públicas galegas e que permitirá acadar o certificado galego de competencias dixitais.
Estase a traballar na concreción deste marco de competencias dixitais, que se prevé que estea regulado no 2020.

Posto de traballo dixital

Senta as bases para o desenvolvemento do posto de traballo dixital do empregado público, coa dotación de medios para a realización do desempeño no novo contexto dixital, acceso remoto ou teletraballo, mobilidade, que deberá permitir: o uso de escritorios e aplicacións corporativas en calquera dispositivo e lugar; o emprego de terminais ou dispositivos adaptados aos perfís dos empregados públicos; e posibilitar contornas de traballo colaborativas e a creación de redes de usuarios con actividades comúns.

Regulación para o funcionamento dixital interno

A lei regula o Arquivo Electrónico Administrativo como como o elemento que albergará todos os expedientes do sector público autonómico en tramitación e os finalizados e a plataforma de interoperabilidade pasaXe! como o nodo para o intercambio de datos e documentos entre administracións públicas.
Entre as novidades que incorpora a lei está a configuración dixital de procedementos administrativos e servizos para que teñan un funcionamento plenamente electrónico e ofrecer aos cidadáns uns servizos homoxéneos, personalizados e fáciles de utilizar. As directrices, de obrigado cumprimento, recóllense nas Guías para a habilitación electrónica de procedementos e servizos.

Infraestrutura dixital

Establece que o Centro de Proceso de Datos (CPDI) e a rede corporativa da Xunta constitúen infraestrutura dixital básica necesaria para dar soporte á administración dixital, que deberán asegurar a prestación de todos os servizos dixitais a nivel de posto de traballo.
A Lei establece que a Xunta disporá dun Plan de continuidade dos servizos dixitais, que determinará os requisitos de seguridade, calidade e continuidade, as accións preventivas, correctivas e reactivas e o establecemento de responsabilidades que permitan garantir a dispoñibilidade dos servizos dixitais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?