Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A comarca de Santiago impulsará o galego nas TIC con novas axudas de Política Lingüística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A comarca de Santiago impulsará o galego nas TIC con novas axudas de Política Lingüística

Redacción
Publicado: 31/07/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

30290731_ovidio_rodeiro.jpgPolítica Lingüística deu a coñecer este mes de xullo novas axudas para promover o galego, poñendo o foco na mocidade e, tamén, nas ferramentas de comunicación que teñen máis popularidade entre as novas xeracións: as ferramentas tecnolóxico-dixitais. Desta volta, as subvencións consisten nunha ducia de apoios para concellos da comarca de Santiago. A resolución destas contribucións de Política Lingüística foi dadas a coñecer polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.
Un total de 13 concellos de Santiago e a mancomunidade de Ordes recibirán ditas axudas, que se distribúen entre as entidades locais que as solicitaron, ben a título individual, ben agrupadas con outras, ata acadar os 3.000 habitantes mínimos que esixía a convocatoria.
Con esta iniciativa, as entidades beneficiarias prestarán á poboación servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades obxecto de subvención: a creación dunha unidade técnica de traballo, o mantemento das xa existentes ou a implementación de programas de dinamización lingüística.
A contía asignada a esta comarca é de máis de 50.000 euros.
Con esta resolución, créanse dous novos servizos lingüísticos e apóiase a continuidade da actividade doutras 35 unidades técnicas de traballo que lles dan cobertura a un total de 42 concellos en Galicia.
Segundo explica Política Lingüística, as subvencións contribúen ao financiamento de diferentes programas de dinamización en 35 municipios que reciben a axuda para desenvolver actividades ou campañas de promoción do uso do galego, en concreto aquelas que redunden nos ámbitos da perspectiva de xénero e da igualdade, dos servizos sociais, do tecido económico e empresarial, do deporte, das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e da mocidade, en consonancia co Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 que está a desenvolver a Xunta de Galicia e co Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022 que a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou recentemente no Parlamento de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?