Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As axudas aos centros tecnolóxicos galegos increméntanse nun 23,6%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As axudas aos centros tecnolóxicos galegos increméntanse nun 23,6%

Redacción
Publicado: 31/07/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

economia_atiga_xuntanza.jpgAs axudas para os contratos programa aos centros tecnolóxicos de Galicia, con vistas a fortalecer os seus proxectos, incrementaranse un 23,6%, o que se traduce nunha contía total de axudas de 8 millóns de euros. O obxectivo desta suba, segundo informou hoxe o conselleiro de Economía, é converter a nosa terra “nunha potencia científico-técnica”. Os datos foron dados por Conde nunha xuntanza que mantivo co presidente de ATIGA (a alianza da media ducia de centros tecnolóxicos referenciais galegos), Juan Manuel Vieites, na que avaliaron os esforzos conxuntos entre a Xunta e os centros tecnolóxicos para apoiar o ecosistema innovador de Galicia.
Na xuntanza, Conde debullou as novidades destes apoios da Axencia Galega de Innovación (GAIN) que van dirixidos aos principais centros tecnolóxicos de Galicia, ás fundacións sanitarias e oas centros do CSIC. Do global dos 8 millóns, un total de 5,4 M€ destinaranse ás axudas para os traballos de investigación tecnolóxica e os máis de 2 millóns restantes estarán dedicados a fundacións de investigación sanitaria.
As axudas serán por vez primeira plurianuais, “para garantir un horizonte de maior certeza económica aos centros que poderán solicitar un pagamento anticipado de ata o 75% para facilitarlles a inxección económica para os seus proxectos”, explicou o conselleiro, engadindo que o desafío que encaran estas subvencións é seguir promovendo a excelencia científico-técnica en Galicia, potenciando as principais liñas de investigación; impulsar a formación, captación e retención do talento das persoas que forman parte dos centros, mellorando a súa capacitación; promover o sector sanitario como un motor económico para Galicia; e situar nun lugar referente (e preferente) a investigación sanitaria realizada nestes centros en Europa.
Conde salientou que este vieiro de colaboración público-privada está a dar os seus froitos: dende 2009 creáronse 600 empregos ligados ao labor dos centros tecnolóxicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?