Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: COGAMI formou a 51 centros educativos en diversidades e tecnoloxías inclusivas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

COGAMI formou a 51 centros educativos en diversidades e tecnoloxías inclusivas

Redacción
Publicado: 01/08/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cogami_tic.jpgUn total de 51 centros de educación primaria e secundaria de A Coruña, Lugo, Vigo e Ourense participaron durante este primeiro semestre do ano nun programa da confederación COGAMI (Promoción de Educación Inclusiva) para formar a profesores e alumnado sobre as persoas con necesidades específicas, por unha banda, e sobre as novas tecnoloxías accesibles e o seu potencial para favorecer a integración das primeiras, pola outra. O programa, que incluíu actividades de sensibilización, contou coa participación de 232 docentes e 1.115 alumnas e alumnos.
Este proxecto que realiza COGAMI en Galicia faise a través da confederación estatal COCEMFE e é financiado a través dos fondos do 0,7% do IRPF que chegan cando as persoas contribuíntes marcan o recadro de Actividades de Interese Social cando fan a declaración da renda.
As temáticas das formacións impartidas polas tres profesionais que levan a cabo este proxecto son sobre Diversidade afectiva-sexual e de xénero, Dinamización de patios de recreo inclusivos, Boccia e outros deportes adaptados ademais de sobre Produtos de apoio para as Actividades da Vida Diaria e acceso ás novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, as TIC.
A través deste proxecto constituíuse unha rede de titores tecnolóxicos de apoio ao profesorado destinados á atención dos estudantes con necesidades específicas por motivo das súas características e diversidades.
A finalidade é a de promover as melloras na aprendizaxe e previr o fracaso ou abandono escolar en ciclos formativos obrigatorios e non obrigatorios. Segundo informa COGAMI, isto acádase coa introdución de metodoloxías e tecnoloxías inclusivas nos centros educativos que favorezan a autonomía persoal do alumnado.
Este programa conta con titoras e titores que teñen por misión motivar, sensibilizar, acompañar, informar e formar no uso das tecnoloxías inclusivas ao profesorado que conta nas aulas con estudantes que requiren este tipo de soporte.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?