Vodafone anunciou hoxe o lanzamento dunha nova tarifa orientada a turistas, Vodafone Traveller, que inclúe por 20 euros un total de 25 GB de datos móbiles, 150 minutos en chamadas nacionais e roaming en Europa e EE.UU. Amais, ata o 30 de setembro esta tarifa de prepagamento tamén gozará da promoción de verán de 10 GB adicionais por cada renovación de beneficio.
Esta nova tarifa de prepagamento con datos e minutos de voz estará dispoñible a partires do 5 de agosto, facilitando así que os usuarios que estean de vacacións no territorio español poidan realizar e recibir chamadas a outros números estatais, así como gozar de acceso á Rede dende o móbil.
Esta nova tarifa inclúe 5G para usuarios que estean nunha zona con cobertura e conten cun smartphone compatible. Tamén é compatible cos Vodafone Pass.
Vodafone presenta unha tarifa móbil dirixida aos turistas estranxeiros
Compartir Este Artigo
