Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC, presentes no novo programa de formación e inserción laboral da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC, presentes no novo programa de formación e inserción laboral da Coruña

Redacción
Publicado: 02/08/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coruna_suma.jpgA Coruña quere avanzar na integración social de colectivos en risco. Para isto, o Servizo Municipal de Emprego e Empresa vén de pór en marcha o proxecto Coruña Suma, co-financiado polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de “promover a capacitación profesional das persoas desempregadas con máis dificultades para a súa incorporación ao mercado de traballo”. A iniciativa de formación e adestramento abrangue apartados específicos de novas tecnoloxías.
Segundo fai saber o Concello, Coruña Suma é unha iniciativa integradora mesmo na metodoloxía empregada: unha metodoloxía que mobiliza a participación activa dos servizos sociais municipais así como das entidades comprometidas co Pacto Local polo Emprego (sindicatos, entidades do terceiro sector, entidades empresariais, representantes dos traballadores e traballadoras, entidades de economía social, universidade…), que desenvolven unha actividade complementaria da municipal.
O proxecto conta cun equipo de coordinación e tres equipos técnicos especializados na xestión de itinerarios integrados e personalizados de inserción, activación para o emprego e adestramento laboral.
Cada un destes equipos está formado por cinco profesionais de orientación e intermediación laboral, situados en diferentes barrios: Rosales-Labañou-Agra do Orzán, Sagrada Familia-Mallos e II fase de Elviña-Monelos-Barrio das Flores.
O plan é que nos vindeiros tres anos, a través dos 96 itinerarios do proxecto, se achegue formación a 1.440 persoas desempregadas e se consiga que polo menos 936 (o 65%) accedan a un posto de traballo (o 60% delas serán mulleres).
A través de Coruña Suma ofrécese formación con prácticas en empresas en sectores profesionais como: atención a persoas dependentes, comercio e mercadotecnia, deporte, administración, hostalería e turismo, industria alimentaria e informática-TIC (programación con Java, xestión comercial, etc).
O orzamento total deste proxecto é de 5.594.142,07 €, cun co-financiamento do Fondo Social Europeo do 80%, 4.475.313,66 € e unha achega municipal do 20%, que ascende a 1.118.828,41 €.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?