Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa EMEGA achega 1,7 millóns para impulsar o emprendemento innovador feminino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa EMEGA achega 1,7 millóns para impulsar o emprendemento innovador feminino

Redacción
Publicado: 02/08/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

shotstash_0199-1-3.jpgA Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta ten aberto ata este 5 de agosto o prazo para solicitar axudas do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino. O dato foi achegado hoxe pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, durante unha charla informativa sobre o programa que tivo lugar en Vigo, na sede da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao. Alí lembrou que a convocatoria deste ano dispón dun orzamento de 1,7 millóns de euros, unha cifra que duplica á do ano pasado. Tamén recordou que fomentar o emprendemento innovador e de base tecnolóxica están entre os principais obxectivos da iniciativa.
O programa EMEGA abrangue un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co “obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres”.
A iniciativa comprende catro liñas básicas: Emprende, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e crear emprego feminino estable por conta propia ou allea; Innova, para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; Activa, para favorecer a reactivación e consolidación de empresas a través de medidas de renovación, ampliación ou cambio de localización; e ITEF, para incentivar iniciativas empresariais con contido científico ou alicerce tecnolóxico promovidas por mulleres.
A maiores, establece unha liña de axudas complementarias, a Concilia, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
A contía das axudas dependerá da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados para mulleres, tanto por conta propia como por conta allea. Así na Emprende irán de 8.000 a 20.000 euros; na Innova, de 12.000 a 20.000; na Activa, de 6.000 a 15.000; e na ITEF, de 16.000 a 40.000. No caso das axudas complementarias á conciliación, os incentivos irán dos 3.000 euros para as promotoras que teñan fillos/as menores de tres anos; ata os 5.000 euros, cando as actividades de conciliación estean dirixidas ás traballadoras por conta allea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?