O Asistente de Google ten dende hai bastante tempo a posibilidade de ler a viva voz mensaxes de texto que recibamos no móbil, o que pode resultar moi práctico para cando imos no coche ou estamos cociñando (ou sexa, en calquera momento no que teñamos as mans ou a vista pendentes doutras cousas), pero tal prestación limitábase ás SMS, comunicacións cada vez máis infrecuente, de aí que se reciba moi ben o feito de que algúns usuarios están a ver como o seu asistente permite agora a lectura de mensaxes de aplicacións de terceiros como WhatsApp, Telegram ou Slack.
Para comprobar se temos tal funcionalidade activa simplemente temos que pedirlle ao asistente de Google que lea as nosas mensaxes (para o que pide permite expreso) e non só poderemos escoitar a viva voz as mensaxes de texto que recibamos a través de aplicacións de mensaxería instantánea, senón que tamén poderemos respondelas falando ou tecleando.
A nova prestación non funcionaría con mensaxes que inclúan imaxes, vídeos ou notas sonoras, resultando especialmente curioso que non podamos pedirlle verbalmente que reproduza as mensaxes de voz para poder respondelas sen empregar as mans.
O Asistente de Google poderá ler en voz alta as nosas mensaxes de WhatsApp
Compartir Este Artigo
