Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Ágora da Coruña contribuirá cun curso a tirar abaixo muros dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Ágora da Coruña contribuirá cun curso a tirar abaixo muros dixitais

Redacción
Publicado: 06/08/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

curso_de_internet_centro_agora_coruna.jpgA Biblioteca Municipal do Centro Ágora da Coruña vai organizar en outubro, entre os días 14 e 25, unha actividade formativa de alfabetización dixital para a cidadanía. Trátase, máis en detalle, dun curso de iniciación á informática, Internet e correo electrónico, dirixido a maiores de catorce anos e de trinta horas de duración. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse entre o 7 e o 14 de outubro. A formalización da matrícula pódese facer de maneira presencial na Biblioteca Pública do Centro Ágora, que é onde se vai desenvolver a actividade formativa, en horario de 9.00 a 12.00 horas.
O curso vai especialmente encamiñado a persoas sen coñecementos tecnolóxicos que queiran tirar partido das ferramentas dixitais, comezando polos usos máis básicos e subindo logo novos chanzos no seu coñecemento TIC. “Neste curso”, sinala a organización, “adquiriremos as habilidades básicas para o manexo do teclado e do rato, para a administración e uso de arquivos e cartafoles, para a procura de información na Internet, o acceso a servizos e trámites en liña e a creación e xestión dunha conta de correo electrónico”.
A actividade incluirá unha aproximación á historia de Internet e os seus conceptos básicos; explicacións e prácticas co teclado e co rato; creación, denominación e emprazamento de carpetas; prácticas en buscadores, uso de arquivos e coñecemento sobre os seus formatos, descarga de ficheiros ou conceptos sobre como visitar web de interese e tirarlles o máximo proveito. Tamén se introducirá ao alumnado en correo electrónico, en xestión de contactos ou no uso dos dispositivos móbiles, entre outros moitos contidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?