Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: BFAuto loce potencial para anovar a industria do motor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

BFAuto loce potencial para anovar a industria do motor

Redacción
Publicado: 08/08/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bfauto_visita_conde.jpgA iniciativa innovadora Business Factory Auto, destinada a acelerar proxectos especializados e intelixentes no eido do motor, amais de atraer e reter talento en materia de automoción, mostrou hoxe o seu potencial perante o conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen salientou, nunha visita ás instalacións de dúas das firmas participantes, Nort3D e Lupeon, ambas situadas no Porto de Molle (Nigrán), o músculo competitivo e innovador das mesmas.
No caso de Nort3D, puxo en marcha o sistema Simaxsu que permite suxeitar e transportar pezas metálicas nas cadeas de produción tirando proveito dunha tecnoloxía magnética no canto dos tradicionais sistemas de ventosas, aportando, en palabras da empresa, “fiabilidade, optimización enerxética e redución de custos”.
Lupeon, pola súa banda, ten logrado reducir o peso das garras robóticas mellorando a súa axilidade, rapidez e produtividade (a súa tecnoloxía suscitou o interese de PSA, que está a incorporar ás súas instalacións produtos deseñados por esta firma no marca da aceleradora).
bfauto_visita_conde_2.jpgSegundo lembrou Conde, BFAuto ten contribuído nas súas tres primeiras edicións á creación de 35 novas empresas que acadan xa os 252 empregos xerados e unha facturación de 33 millóns de euros. “A previsión”, dixo, “é que en 2020 a facturación acade os 71M€ e os 350 postos de traballo”. Ademais, 8 de cada 10 empresas que están en fase de consolidación xa facturan ao sector e o 30% das participantes xa exporta os seus produtos ou servizos.
Conde tamén salientou o modelo empregado por BFAuto: un modelo de éxito que “traballa en contornas reais dando respostas e solucións innovadoras reais ao sector”, engadiu Conde.
Máis datos de BFA
BFA é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (Xesgalicia); o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e Vigo Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo, SA SME (VIGO ACTIVO), a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), e GROUPE PSA. O seu obxectivo é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables, adaptables e evolucionables que atraian e reteñan talento; “contribuíndo así a fortalecer a posición do sector e a incrementar a súa proxección internacional”.
En BFA os emprendedores dispoñen dun espazo de traballo, respaldo financeiro, formación e un ecosistema único integrado por titores, mentores, socios e outros axentes; todos relacionados co sector do motor e dos negocios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?