A Concellería de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá de Redondela quere facer avanzar o coñecemento sobre novas ferramentas e xestión coas institucións públicas a través dunha nova serie de cursos sobre Administración Electrónica. Trátase de actividades de balde dirixidas a entidades e asociacións. Nos obradoiros afondarase no funcionamento do certificado dixital que se require para realizar trámites e solicitudes de axudas ou documentos, así como o uso da sede electrónica do Concello.
Os cursos celebraranse nunha soa xornada cunha duración aproximada de tres horas. Impartiranse os venres 16, 23 e 30 de agosto en horario de 10.30 a 13.00 horas.
Aquelas entidades e asociacións que queiran apuntarse deberán enviar un correo electrónico a transparencia@redondela.gal indicando o nome do colectivo, un teléfono de contacto, e o número de asistentes (ata un máximo de tres persoas por entidade), con indicación do venres de agosto que prefiran asistir.
Redondela achega cursos sobre eAdministración ás asociacións locais
Compartir Este Artigo

