
Estas redes destacan, en palabras da operadora, pola “súa alta capacidade e calidade de transmisión (o sinal é inmune ás interferencias externas e ás inclemencias meteorolóxicas), e por ofrecer a posibilidade de conectar varios dispositivos á vez coas mellores condicións de velocidade e calidade, gozar de contidos audiovisuais en alta definición ou videoxogos de última xeración”.
A xira
A xira de Movistar visita este verán 15 concellos galegos: 15 municipios beneficiados polo Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia e o seu despregue de fibra ata o fogar (FTTH), ámbito no que Telefónica resultou adxudicataria. Os días pasados, como lembraremos, o itinerario pasou por Pobra, Dodro, Rianxo, San Cibrao das Viñas, Fornelos de Montes e Arbo.
A listaxe total de concellos incluídos no plan de visitas é a seguinte: Riotorto, Culleredo, Pobra do Caramiñal, Dodro, Rianxo, San Cibrao das Viñas, Ponteceso, Vimianzo, Padrón, Barro, Esgos, Xunqueira de Espadañedo, Sarreaus e Fisterra. Estes municipios teñen en común que xa contan con cobertura de FTTH grazas aos plans da Xunta e do Estado. O obxectivo desta campaña é informar á poboación que xa pode dispor deste servizo.
Os veciños galegos interesados en coñecer se o seu municipio entra dentro destes plans, poden realizar as súas consultas a través do teléfono 1004 ou da páxina web movistar.es.
A fibra de Telefónica
Segundo engade a compañía, “a diferenza doutras tecnoloxías semellantes, a fibra de Telefónica chega ata o propio fogar, é dicir, non utiliza cobre ou coaxial no último treito e, por tanto, non perde velocidade porque non é compartida con ningún outro cliente”. Amais, “conta cun largo de banda ilimitado e simetría na baixada e subida de datos”, amais de ser adaptable a diferentes evolucións e necesidades (escalabilidade) e contar con capacidade para aumentar no futuro os Mbps actuais de forma ilimitada, explica a maiores Telefónica.
A iniciativa é unha de actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta, adxudicada a Telefónica en marzo do ano pasado, e que facilitará o acceso a redes de máis de 100 Mbps a través de fibra óptica a 74.000 veciños de 181 concellos do catro provincias galegas. Estes despregues contarán cun investimento público de 14,2 millóns de euros, co-financiados nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Grazas a esta medida, e ás contempladas no marco do Programa Nacional de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración (PEBA) do Estado, en 2020 máis de 513.000 galegos terán acceso a redes as ultrarrápidas de Telefónica, o que supón que, en ano e medio, o 80% da poboación de Galicia terá acceso a redes de máis de 30Mbps, “unha porcentaxe que se incrementará coas novas convocatorias estatais previstas”.
O roadshow da fibra ata o fogar de Telefónica chega estes días a Barro e Padrón
Compartir Este Artigo

