Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As TIC fortalecerán os Ancares e O Courel como destinos de turismo científico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As TIC fortalecerán os Ancares e O Courel como destinos de turismo científico

Redacción
Publicado: 21/08/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

depu_lugo_turismo_cientifico.jpgA Deputación de Lugo vai impulsar unha rede profesional para potenciar Os Ancares e O Courel como destino turístico científico. A rede estará formada polos 16 concellos da provincia incluídos nestas dúas comarcas de gran riqueza medioambiental e paisaxística. Tamén participarán universidades, administracións con competencia turística, empresas do sector, fundacións e investigadores. A rede contará cun foro dixital no que todas as entidades e axentes implicados poderán debater temas e propostas e recoller as opinións dos membros.
Estes e outros datos foron dados a coñecer hoxe pola deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, acompañada da directora de Observer Science Tourism, Maite Vence Fernández, no salón de actos da sede da Deputación. García Porto subliñou que “na entidade provincial damos un paso máis para fomentar un turismo sustentable nas montañas de Ancares e Courel e impulsamos esta rede co obxectivo de que sexa unha plataforma de difusión, cooperación, deseño e planificación de novas estratexias que empracen esta zona da provincia de Lugo como un destino turístico diferenciado, baseado na sustentabilidade, e ligado ao turismo de natureza e á ciencia cidadá”.
10 accións
No marco do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020 enmarcouse a creación dun ecosistema integrado de turismo científico nos Ancares e Courel que iniciou a Deputación en agosto de 2018 cunha achega de case 70.000 euros. Froito desta iniciativa, os montes dos Ancares e O Courel recibiron a certificación Espazo Observer Turismo Científico, que avala o potencial deste espazo natural como reserva de investigación.
A Rede Profesional de Turismo Científico para o territorio dos Ancares e O Courel é unha das 10 accións que está a desenvolver a Deputación para potenciar un turismo de natureza diferenciado na provincia e atraer máis visitantes.
Entre as accións rematadas neste último ano, ofreceuse formación para capacitar a 25 persoas como guías de turismo científico a través de formación específica; organizouse a I Xornada de Turismo Científico e tamén 6 actividades e rutas nestes espazos naturais sobre xeoloxía, fauna ou astronomía abertas a todo o público.
Para a difusión e promoción deste territorio creouse un vídeo promocional dos valores naturais deste destino de turismo científico e tamén unha guía dixital de roteiros con 50 puntos de interese e con 5 itinerarios diferentes sobre xeoloxía, botánica, ecoloxía, zooloxía e arqueoloxía que xa está dispoñible para a súa descarga na web da Deputación de Lugo, www.deputacionlugo.gal.
Ademais, a institución lucense engadiu que xa están na recta final os traballos para a sinalización no terreo dos 5 itinerarios científicos con paneis explicativos e tecnoloxía para achegar información ao móbil dos visitantes. Tamén estará dispoñible unha nova web e unha aplicación móbil descargable cos datos precisos para “que os visitantes poidan coñecer e percorrer os recursos científicos, naturais, culturais máis relevantes deste territorio”, engadiu a entidade provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?