
Este compromiso coas TIC comezou a coller forza pouco despois das eleccións, cunha xuntanza entre o equipo de Goberno e os responsables de Telefónica, con vistas a buscar métodos de colaboración para levar a fibra óptica de alta velocidade a diversos puntos do termo municipal que ata o de agora con contan con este servizo, vital para equilibrar as condicións de vida entre o rural e a contorna urbana, para frear o despoboamento e para insuflar dinamismo económico fóra de Boiro capital. Estas conversas coas operadoras teñen o obxectivo de instalar rede de banda larga, de alta velocidade, en diversos recantos do concello. 
O compromiso coas TIC tamén se vai deixar notar na vertente comunicativa, nas canles informativas e no diálogo coa cidadanía. Neste camiño da participación e da transparencia, dous ámbitos lindeiros co tecnolóxico, o Goberno boirense vai poñer en marcha as redes sociais do Concello, canles coas que ata o de agora non se contaba, e con cuxa habilitación preténdese fomentar ao máximo a información inmediata e a implicación da veciñanza na vida pública local. Asemade, o traballo completarase con melloras na páxina web de Boiro, www.boiro.gal, como por exemplo a incorporación dun portal de incidencias, participativo, ou aumentar as funcionalidades do portal de transparencia. Outra das medidas que están a coller corpo é a retransmisión en directo das sesións plenarias.
O espazo de coworking
Como dixemos, o Concello tamén impulsará novos e innovadores xeitos de traballar e producir que complemente e impulsen aquilo no que Boiro é economicamente forte. Farao a través dun centro de coworking (Emprende-LAB Barbanza), pioneiro no seu sector e co que se pretende fomentar a creación e aceleración de novas empresas relacionadas con sectores estratéxicos para a comarca coma é o caso do conserveiro e de transformación de produtos do mar, o hostaleiro e o turístico. Esta actuación suporá un investimento en torno aos 100.000 euros, dos que o 76%, 75.000 euros, serán achegados directamente pola Deputación da Coruña a través dos fondos da liña de apoio a emprendedores do Plan de Emprego Local (PEL-Emprende).
O espazo localizarase no centro de formación e viveiro de empresas situado no polígono industrial de Espiñeira, con 283 metros cadrados de superficie útil, que contará con 5 oficinas, sala de recepción, servizo de reprografía e sala para xestión e presentación de proxectos, así como aseos e zonas comúns. O inmóbel contará ademais con xardíns e zona de aparcamento exterior, insonorización, calefacción central de alta eficiencia enerxética, iluminación con LED de baixo consumo, conexión de telefonía e fibra óptica en tódolos espazos, ademais de accesibilidade total para persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, incluirase asistencia técnica para a dinamización empresarial (EmprendePoint), sostemento dos gastos correntes da instalación e actividades formativas que incluirán demostracións, programas de mellora de xestión empresarial e de asesoramento e aceleración de proxectos emprendedores.
Boiro pasa así a formar parte, xunto con Oleiros, Carballo, Brión e Ames, do grupo de concellos que conforman o embrión da Rede Provincial de Centros de Traballo Colaborativo.
Boiro impulsará a banda larga e a comunicación nas redes sociais
Compartir Este Artigo

