Tradicionalmente as versións de Android identifícanse cun número e un alcume con nome de sobremesa que decídese cada ano seguindo unha orde alfabética, e aínda que esa práctica resultaba divertida, porque permitía xogar a adiviñar cal sería o nome da versión de cada ano, así como facilitaba a creación de imaxes e logotipos representando a larpeirada do ano xunto ao robot-mascota de Android, pero tamén provocaba certa confusión, por non ser todas as sobremesas igualmente coñecidas a nivel mundial, e incluso por resultar complicado identificar algunha das letras a nivel global, decidiron prescindir da nomenclatura clásica, e a vindeira versión do sistema operativo promovido por Google e que ata o momento coñecías como Android Q non pasará a chamarse Android Queixo ou algo semellante, senón que atenderán simplemente ao nome de Android 10.
A utilización de números de versión resulta moito máis sinxelo e inclusivo que andar asignando nomes baseándose en letras, á vez que tamén evita conflitos á hora de elixir nomes, sendo a consecuencia máis directa a facilidade coa que os usuarios non experimentados saberán se unha versión de Android é anterior a outra.
Aproveitaron a ocasión para renovar o logotipo de Android, que agora adopta un aspecto máis moderno e accesible, simplemente coa cabeza do recoñecible robot de Android (en cor verde) xunto á palabra android en cor negra para mellorar a lexibilidade do logotipo.
Vídeo no que amosan a reformulación do logotipo de Android
