Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ferramenta BBVA One View xa é empregada por máis de 4.200 firmas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ferramenta BBVA One View xa é empregada por máis de 4.200 firmas galegas

Redacción
Publicado: 23/08/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

foto-one-view-portada-1024x682.jpgA aplicación BBVA One View, que permite ás empresas obter a información financeira dos produtos agregados dunha soa ollada, vén de acadar os 75.000 clientes en só oito meses, dos cales máis de 4.200 son galegos. Este servizo, que simplifica a xestión da súa tesouraría, incorporou algunhas novidades que facilitan o día a día dos clientes, segundo informa BBVA, que explica que entre estas funcionalidades atópase a posibilidade de termos “unha visión global dos préstamos e os Terminais de Punto de Venda (TPV) ao podermos agregar os doutras entidades, controlar a liquidez da empresa en tempo real e optimizar o uso das súas liñas de crédito”.
Un dos piares da ferramenta é a súa capacidade para tirar proveito da información a gran escala e a súa análise intelixente: o chamado Big Data. Grazas a isto, engade a entidade financeira, os usuarios poden “aforrar unha media de dúas horas diarias na xestión da súa tesouraría, simplificando o proceso de agregación bancaria e facilitando a conciliación contable”. Estas vantaxes e estas potencialidades están, en palabras de BBVA, entre as razóns do éxito da ferramenta, que xa foi elixida por 88.000 empresas en toda España para o seu uso diario.
En Galicia son 4.204 as empresas que utilizan o agregador financeiro intelixente.
Detalles sobre a ferramenta
BBVA One View permite ter unha visión da posición financeira dunha empresa mediante a agregación de contas e cartóns, contas de crédito e agora tamén, de préstamos e da facturación de comercios (TPV) doutras entidades. No caso dos préstamos, ademais do capital pendente, o cliente pode consultar os detalles do mesmo, como a data de vencemento ou o importe da vindeira cota a través da web. Doutra banda, grazas á agregación da facturación de comercios, os clientes poden dispor “dunha visión global das súas vendas por banco e por comercio, tendo marxe para consultar o detalle de cada unha delas desde un único punto”, sinala a entidade bancaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?