Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta lanza unha aplicación informática para a xestión da biomasa preto das vivendas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta lanza unha aplicación informática para a xestión da biomasa preto das vivendas

Redacción
Publicado: 27/08/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xesbio_presentacion_san_caetan0o-2.jpgO conselleiro do Medio Rural, José González, reiterou onte a súa aposta pola ordenación forestal como “a mellor arma para loitar contra o problema dos incendios nos montes”. Advertiu ademais que esta é unha tarefa de todos, “con independencia de cores políticas”, e agradeceu, nese sentido, a implicación dos concellos galegos nesta materia. Fixo estas declaracións en San Caetano durante a apertura da xornada informativa sobre a aplicación informática Xesbío, dirixida a alcaldes, concelleiros e técnicos municipais dos 97 concellos que xa contan co plan municipal de prevención e extinción de incendios, para xestionar os incumprimentos e notificacións vinculados á xestión de biomasa forestal na contorna das vivendas.
Ao tempo, o titular de Medio Rural sinalou que grazas a este compromiso tódalas administracións e os particulares traballan de xeito coordinado e conxunto a prol da ordenación e da limpeza de predios de cara a anticiparse ao problema dos lumes, na procura dunha Galicia verde.
Así, o conselleiro manifestou que a finalidade da ferramenta informática Xesbío é dar soporte á Administración local na xestión da biomasa nas rede de faixas secundarias, situadas preto das vivendas. Esta aplicación permitirá xestionar e elaborar diferentes tipos de notificacións que os concellos lle enviarán aos titulares de parcelas nestas franxas e ofrecerá tamén a posibilidade de xerar un documento de adhesión dos particulares ao contrato de xestión da biomasa.
Neste aspecto, José González explicou que un dos maiores problemas cos que se atopaban os gobernos locais era o de identificar estes terreos e, a continuación, ao seu propietario. Grazas a esta ferramenta, creada ex profeso para este fin pola Consellería do Medio Rural en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), facilitaráselles moito aos gobernos locais a execución das súas competencias neste ámbito. Desta forma, e segundo indicou González, todo o relacionado coa tramitación administrativa queda solucionado con esta aplicación, pois permitirá xerar un modelo de dilixencia de comunicación previa, outro de dilixencia de notificación e un terceiro de anuncio de comunicación a responsables descoñecidos.
Ademais, o conselleiro adiantou que a día de hoxe están adheridos ao convenio de protección das aldeas 222 concellos galegos e ademais xa hai máis de 16 que se mostraron interesados en crear unha aldea modelo no seu municipio, o que permitirá optimizar a xestión da biomasa preto das vivendas.
A iniciativa das aldeas modelo nace co obxectivo de executar a limpeza das franxas secundarias e poñelas a producir. Unha vez despexadas esas franxas porase en valor ese terreo creando actividade agrogandeira nelas, mediante cultivos de horta, cereal, pastos, froiteiras, castiñeiros, oliveiras, etcétera. Todo isto funcionará como devasa natural fronte o lume xa que, desenvolvendo actividade económica nas franxas non será preciso rozar tódolos anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?