Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arredor de 250 expertos en Industria 4.0 participarán en Ferrol nas Xornadas de Automática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arredor de 250 expertos en Industria 4.0 participarán en Ferrol nas Xornadas de Automática

Redacción
Publicado: 27/08/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

eup_automatica.jpg_287956348.jpgO Campus de Ferrol acollerá entre os días 4 e 6 de setembro as XL Xornadas de Automática que organiza un comité de profesorado da Escola Universitaria Politécnica presidido polo docente José Luis Calvo Rolle. Este histórico encontro, promovido Comité Español de Automática (asociación formada por expertos dos eidos da automatización, o control de procesos e as novas tecnoloxías), ten entre os seus obxectivos constituírse como unha ponte de colaboración real entre o mundo da investigación, o da docencia, e o das empresas. En termos concretos, os seus piares temáticos son a bioenxeñaría, a educación en automática, a robótica, a visión por computador ou a enxeñaría de control, todo complementado cun espazo empresarial para que as firmas do sector luzan achados.
Segundo lembra a organización, o programa inclúe unha competición CEABOT, concurso de robots humanoides para alumnado de grao e posgrao das universidades españolas. Así mesmo, tamén terá lugar o concurso PRODEL de control intelixente.
A inauguración das XL Xornadas de Automática será o día 4, ás 16:30h. no salón de actos da Escola Universitaria Politécnica. Despois do acto inaugural, celebrarase a primeira das conferencias plenarias a cargo do catedrático da USC Ángel Carracedo. As outras intervencións plenarias serán impartidas no transcurso das Xornadas polo profesor Paulo Leitao, do Politytechnic Institute of Bragança; e Amparo Alonso e Richard Duro, da Universidade da Coruña.
Estímase que as xornadas conten coa presenza activa de máis de 250 expertos procedentes de España, Portugal e o resto de Europa, amais de Latinoamérica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?