Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R lanza un combo para estudantes con Internet de ata 500 Mbps
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R lanza un combo para estudantes con Internet de ata 500 Mbps

Redacción
Publicado: 28/08/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

combo_estudantes.jpgA operadora R vén de presentar unha serie de novidades relativas ao seu catálogo de combos que veñen moito a conto para esta recta final do mes de agosto, co inicio da tempada académica albiscándose cada vez máis preto. Estamos a falar do lanzamento do combo estudantes, con Internet de ata 500 Mbps e sen compromiso de permanencia para os clientes. Trátase, en palabras de R, “dunha oferta específica cunha clara orientación ás necesidades dos mozos e mozas que viven fóra durante o curso e que, en moitos casos, comparten piso e gastos cos compañeiros”.
O servizo permite unha conexión a Internet de 200 ou 500 Mbps e, neste último caso, con ou sen paquete de televisión. R salienta, a respecto dos beneficios do servizo, que este poder ser suspendido, de xeito gratuíto, durante os meses de verán, para volver a contratalo co novo curso coas mesmas condicións. A operadora engade que a promoción de lanzamento é válida ata o 30 de setembro para novas altas, e que “se trata da solución ideal para os estudantes durante o curso, cando necesitan boas conexións a Internet para facer os seus traballos, acceder aos campus virtuais, ou manterse en contacto coas súas familias”.
Estas son as opcións detalladas:
200 Mbps por 35 euros/mes:
• sen liña telefónica fixa
• sen permanencia nin cota de alta
• posibilidade de suspensión gratuíta do servizo durante tres meses
500 Mbps por 39 euros/mes:
• sen liña telefónica fixa
• sen permanencia nin cota de alta
• posibilidade de suspensión gratuíta do servizo durante tres meses
500 Mbps por 42 euros/mes:
• sen liña telefónica fixa
• sen permanencia nin cota de alta
• posibilidade de suspensión gratuíta do servizo durante tres meses
• con decodificador 4K (+Android TV) e máis de 80 canles

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?