Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mocidade de Laracha experimentará coas aplicacións para sendeirismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mocidade de Laracha experimentará coas aplicacións para sendeirismo

Redacción
Publicado: 29/08/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

app_sendeirismo.jpgCo remate do verán, o Concello de Laracha vai organizar unha actividade formativa que quere pór de manifesto o potencial de coñecemento e divulgación das novas ferramentas dixitais en materia de medio natural. A actividade desenvolverase entre os días 13 e 15 de setembro e, segundo informa o departamento local de Xuventude, “centrarase na dinamización e posta en valor do patrimonio natural a través das oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías”. Estará aberta á participación de mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, podéndose inscribir de balde no Concello ata o 6 de setembro.
En temos concretos, trátase dunha experiencia práctica de lecer formativo nas Fragas do Eume, onde se levará a cabo un completo programa de rutas e xogos, poñendo o foco nos beneficios de traballar colectivamente. A folla de ruta inclúe formación nas posibilidades de varias ferramentas TIC, como por exemplo Wikiloc, a aplicación referencial para os sendeiristas, moi acaida para almacenar e compartir roteiros ao aire libre xeorreferenciadas e puntos de interese de todo o mundo. A experiencia virá acompañada, tamén, dun concurso de fotografía natural no que os participantes poderán subir imaxes á conta Instagram @xuventudedalaracha. As tres contribucións que reciban maior número de gústame serán as gañadoras. Haberá cámaras deportivas a xeito de premio.
A iniciativa vén da man do Concello da Laracha en colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?