Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alertan dunha nova estafa online baixo o gancho do servizo técnico de Microsoft
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alertan dunha nova estafa online baixo o gancho do servizo técnico de Microsoft

Redacción
Publicado: 29/08/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

comprar-gente-teclado-ordenador-portatil-electronico_1421-233-1.jpgA Comandancia da Garda Civil de A Coruña vén de alertar dunha nova campaña de estafa, simulando ser o servizo técnico de Microsoft. A alerta actívase tras recibir o Equipo de Estafas Telemáticas da Compañía de A Coruña varias denuncias por estafas mediante este modus operandi. A tentativa de calote funcionaría deste xeito: primeiro, recibimos unha chamada directamente no noso teléfono na cal, ao contestala, os estafadores identifícanse, en inglés ou en español, coma un servizo de soporte técnico que informa de que os dispositivos están en risco, polo que é preciso realizar accións de maneira urxente.
E, segundo, aparécenos un erro no navegador web, un aparente aviso do sistema ou outra xanela emerxente. Ademais, acompañando ao texto aparece un número de contacto que prestará axuda para solucionar o problema.
Unha vez contactan con nós, proporcionan unha serie de datos e instrucións co obxectivo de dotar de credibilidade á chamada, comunicándonos que se trata dun erro moi grave e que require unha rápida solución, indicándonos os pasos a seguir para permitirlles o acceso ao control remoto do ordenador e así poder solucionar a suposta incidencia.
Así, fanse co control do dispositivo e acceden á información, “traendo consecuencias moi serias para os afectados”, en palabras das autoridades da comandancia, que engaden que o risco baséase basicamente en desprotexer a información persoal: todo o almacenado fica exposto, documentos, fotografías, vídeos e demais arquivos accesibles. Amais, os servizos que estivesen asociados tamén poderían verse afectados e se almacenamos os contrasinais de acceso ás redes sociais ou correo electrónico, o atacante podería acceder e realizar accións no noso nome sen consentimento. Por outra banda, a propia integridade do equipo pode verse deteriorada, pois son comúns os casos nos que o falso soporte bloquea o dispositivo instalando un malware para posteriormente solicitar un pago para o seu desbloqueo. Asemade, hai un risco económico, sobre todo se proporcionamos información de pago, coma poden ser as credenciais da banca online ou os datos da tarxeta de crédito, podendo realizarse cargos non autorizados.
Algúns dos consellos a ter en conta co propósito de evitar esta situación son que desde Microsoft non se porán en contacto, agás que o solicitásemos expresamente; debemos manter a calma e non seguir as indicacións dos ciberdelincuentes; se dubidamos, o mellor é cortar as comunicacións e analizar o equipo coas ferramentas e programas antivirus e de limpeza dos que dispoñamos para avaliar se realmente o dispositivo se atopa en risco; contactar directamente con Microsoft ou un servizo técnico de confianza que nos axude con estas tarefas; e non conceder acceso remoto a ninguén salvo que se trate dunha persoa coñecida e de confianza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?