
Segundo engade, que non se tivera incluído a titulación de Enxeñaría en Informática na listaxe de formación regrada dos requisitos desta oferta pública é un feito que vulnera o establecido na Lei 40/2015 do Sector Público na que se especifica: “O resto do persoal será seleccionado mediante convocatoria pública baseada nos principios de igualdade, mérito e capacidade”.
Como dixemos, o CPEIG presentou hai uns meses un escrito ante o Ministerio de Facenda no que se solicitaba a corrección desta oferta, destinada a cubrir un posto con funcións para proporcionar solucións eficaces para as necesidades de análise de datos e xestión de procesos sobre o sistema de información de Navantia. “Para optar ao posto”, explicaba daquela o colexio profesional galego, “os candidatos deben manexar ferramentas informáticas e uso de volumes elevados de datos, ademais de valorar positivamente o coñecemento a nivel usuario de SAP, ferramentas de xestión de proxectos, financeiras ou contables”.
Porén, engade o CPEIG, na resposta de Navantia ao devandito escrito “só se di que se admiten todo tipo de titulacións e que todas as candidaturas serán tidas en conta para o posto de traballo”. O Colexio profesional considera que “esta postura non evita o prexuízo que se lles causa ao colexiados enxeñeiros en Informática”, que ao descoñecer que poden optar ao posto deciden non presentarse.
O CPEIG considera “fóra de dúbidas” que os enxeñeiros en Informática están plenamente capacitados para a realización das funcións definidas neste posto de traballo, sendo o perfil máis apropiado o da Enxeñaría en Informática.
O CPEIG, crítico con Navantia por non mudar as titulacións para unha oferta de emprego de analista
Compartir Este Artigo

