Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Xornadas de Automática sitúan a Ferrol no epicentro da nova revolución industrial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Xornadas de Automática sitúan a Ferrol no epicentro da nova revolución industrial

Redacción
Publicado: 05/09/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_xornadas_automatica_ferrol.jpgEstes días, ata mañá, estanse a celebrar no Campus de Ferrol, na Escola Universitaria Politécnica, a corenta edición das Xornadas de Automática, uns encontros 4.0 de alcance estatal que veñen da man do Comité Español de Automática e que xuntan na cidade galega arredor de 250 profesionais da automática, dos ámbitos da investigación, da docencia e da empresa. A cita foi inaugurada na tardiña de onte polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o deputado portavoz do Goberno da Deputación da Coruña, Bernardo Fernández, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o reitor da UDC, Julio Abalde.
Na apertura oficial de actividades, o titular da Xunta enxalzou as oportunidades empresariais, sociais e científicas que se abren coa nova revolución industrial (a cuarta, a chamada Revolución 4.0) e reiterou o compromiso do Goberno galego neste eido, “un compromiso que se materializa nos 350 millóns de euros que se destinarán ao desenvolvemento da Axenda Industria 4.0 para aumentar o tamaño das empresas, promover o talento dixital e contribuír á reinvención e especialización do tecido industrial galego”, fixo saber.
Pola súa banda, Bernardo Fernández destacou a importancia do evento (as Xornadas de Automática) para converter Ferrol nun referente nacional como Campus Industrial, “un campus no que arredor de 3.000 alumnos fórmanse en 11 graos, entre eles o grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, o único con competencias profesionais en robótica en Galicia, 7 mestrados oficiais e 6 programas de doutoramento”. E engadiu: “Na Deputación somos moi conscientes de que o Campus Industrial da UDC en Ferrol axuda a que o sector produtivo desta comarca poida ser máis competitivo e eficiente, contribuíndo á transferencia de coñecemento e de innovación entre o mundo académico e o empresarial, un aspecto clave no desenvolvemento de calquera país moderno”.xornadas_ferrol.jpg
Bernardo Fernández tamén expresou o seu desexo de que o congreso sirva como “intercambio de aprendizaxes e experiencias sobre as últimas novidades e avances dun sector en constante evolución e que implica numerosas áreas de coñecemento”.
Actividades ata mañá
O Campus de Ferrol acolle ata mañá, 6 de setembro, as XL Xornadas de Automática que organiza un comité de profesorado da Escola Universitaria Politécnica presidido polo docente José Luis Calvo Rolle. Este histórico encontro, promovido Comité Español de Automática (asociación formada por expertos dos eidos da automatización, o control de procesos e as novas tecnoloxías), ten entre os seus obxectivos constituírse como unha ponte de colaboración real entre o mundo da investigación, o da docencia, e o das empresas.
En termos concretos, os seus piares temáticos son a bioenxeñaría, a educación en automática, a robótica, a visión por computador ou a enxeñaría de control, todo complementado cun espazo empresarial para que as firmas do sector luzan achados.
Segundo lembra a organización, o programa inclúe unha competición CEABOT, concurso de robots humanoides para alumnado de grao e posgrao das universidades españolas. Así mesmo, tamén terá lugar o concurso PRODEL de control intelixente.
As xornadas contan coa presenza activa de máis de 250 expertos procedentes de España, Portugal e o resto de Europa, amais de Latinoamérica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?