Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O tesouro rupestre da comarca de Compostela contará en breve cunha web de seu
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O tesouro rupestre da comarca de Compostela contará en breve cunha web de seu

Redacción
Publicado: 05/09/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_coruna_compostela_rupestre.jpgO noso pasado megalítico vai dispor en datas vindeiras dunha nova e salientable páxina web de divulgación, formación e posta en valor. Así o anunciaron onte a Deputación da Coruña e os Concellos de Ames, Brión, Santiago, Teo, e Val do Dubra, durante o transcurso dunha nova xuntanza da dirección do proxecto Compostela Rupestre. A nova web será, precisamente, o espazo en liña do parque Compostela Rupestre. Incluirá centos de imaxes e información histórica e práctica do conxunto patrimonial dos cinco devanditos concellos.
A liña temática principal da xuntanza de onte foi avanzar na consolidación do que será o dito parque, cuxo obxectivo é “diversificar a oferta turística dos concellos da comarca por medio do importante tesouro patrimonial prehistórico deste territorio e achegar á veciñanza a este importante legado”.
En termos concretos, trátase de difundir, protexer e poñer en valor os petróglifos dos cinco concellos e outros elementos de grande valor.
Segundo fixo saber na xuntanza Xosé Regueira, vicepresente da Deputación e responsable das áreas de Patrimonio e Turismo, “o proxecto ten por diante uns anos fundamentais para a súa consolidación e deseño de futuro”. Tamén enxalzou “o compromiso e o traballo colaborativo dos cinco concellos implicados no proxecto Compostela Rupestre para o que a Deputación da Coruña destina 500.000 euros”.
Como dixemos, na xuntanza presentouse a páxina web de Compostela Rupestre que suporá, en palabras das ditas entidades, “unha das principais ferramentas de difusión do parque e ofrecerá información e imaxes sobre o conxunto arqueolóxico, descrición dos petróglifos máis importantes e rutas para coñecer o patrimonio rupestre do territorio”.
A páxina, que estará operativa en datas vindeiras, inclúe máis de duascentas fotos e información histórica e práctica do conxunto patrimonial dos cinco concellos.
Na reunión tamén participou o arqueólogo Mario César Vila, dando conta do proxecto de revisión documental, catalogación e selección para a posta en valor e adquisición de terreos dos petróglifos e xacementos rupestres catalogados nos cinco concellos como paso previo á elaboración do plan director. O proxecto contempla distintas fases de traballo que van desde a propia redacción inicial ata a memoria final pasando por traballos documentais e de xestión da información ou execución de traballos de campo (prospección, toma de datos, rexistro fotográfico, avaliación de danos e topografía).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?