Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O potencial das TIC para a nosa produción leiteira, ao detalle este xoves no Campus de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O potencial das TIC para a nosa produción leiteira, ao detalle este xoves no Campus de Lugo

Redacción
Publicado: 10/09/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smart_farming.jpgEste xoves 12 celébrase no Campus de Lugo unha xornada de traballo directamente encamiñada a pescudar nun ámbito de especial interese para a nosa terra: o punto no que conflúen as novas ferramentas (Internet das Cousas, Big Data, aprendizaxe máquina, servizos cloud, etc) e as explotacións leiteiras. A xornada Smart farming, novas tecnoloxías na produción de leite vén da man do grupo de investigación Proxectos e Planificación (ProePla) da USC e a Oficina Agraria Comarcal de Lugo.
O foro celebrarase a partir das 10.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo, e encádrase no Plan de Transferencia Tecnolóxica ao Agro Galego 2019, financiado a través do FEADER.
O catedrático da USC e coordinador de grupo ProePla, Manuel Marey, abrirá a quenda de relatorios desa xornada cunha conferencia que leva por título A investigación en Smart farming : perspectiva da Spanish Journal of Agricultural Research (SJAR).
A investigadora de doutoramento Alba Vázquez dará continuidade a esta primeira quenda cunha charla sobre as futuras oficinas agrarias virtuais, mentres que o subdirector xeral de Formación e Innovación Agroforestal de AGACAL, José Antonio Portos, pechará a sesión matinal cunha charla sobre o impulso da innovación agraria desde a Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
Segundo informa a USC, a celebración da xornada servirá tamén de escenario para que diversas empresas do sector, tales como Alltech, Aresa, Corteva-Pionner, DeLaval e Durán Maquinaria, realicen cadansúas presentacións das súas respectivas contribucións a este eido. Ao remate dos relatorios e as presentacións, as persoas participantes nesta xornada de transferencia de tecnolóxica terán a oportunidade de visitar, xa en quenda de tarde, unha explotación situada no municipio de Castro de Rei, en cuxas instalacións as empresas convidadas farán unha demostración práctica das súas innovacións aplicadas ao día a día da produción láctea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?