Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea encargarase da evolución das aplicacións do Servizo Cántabro de Saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea encargarase da evolución das aplicacións do Servizo Cántabro de Saúde

Redacción
Publicado: 11/09/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

balidea_servizo_saude_cantabria.jpgA empresa TIC Balidea, con sede principal en Santiago, vaise encargar do mantemento e evolución das aplicacións do Servizo Cántabro de Saúde, ou sexa, das ferramentas asociadas aos sistemas de historia clínica electrónica e de atención hospitalaria do Servizo de Saúde. A firma galega desenvolverá estes traballos ao abeiro do contrato que vén de renovar coa dita entidade. Para esta licitación, Balidea concorreu en UTE con outras dúas empresas do sector TIC: Horus Ingeniería e GTI Santander. O contrato ten unha duración de dous anos coa posibilidade de renovación por outros dous.
En detalle, o proxecto abrangue o soporte técnico e o mantemento correctivo das incidencias que se produzan nos sistemas; así como o mantemento evolutivo das aplicacións e o desenvolvemento ou a renovación tecnolóxica. En particular Balidea xestionará tres ferramentas principais: primeiro, o sistema de xestión de citade especializada, procedementos e probas do Servizo Cántabro de Saúde, así como as súas integracións co resto de sistemas asociados; segundo, a solución corporativa para xestionar o bloque cirúrxico de todos os hospitais (un sistema que abrangue todo o proceso desde que se inclúe un paciente en lista de espera cirúrxica ata que é dado de alta polo cirurxián); e terceiro, a aplicación de rexistro centralizado da lista de espera para citas, probas e intervencións cirúrxicas.
Balidea, Horus e GTI Santander son tres empresas tecnolóxicas especializadas e con experiencia no ámbito sanitario. Uníronse para o desenvolvemento deste proxecto co fin de lograr os seus obxectivos “da forma máis eficaz e eficiente”, explican, engadindo que o obxectivo é “achegar cada unha delas o seu coñecemento, experiencia e capacidade en cada un dos ámbitos específicos do contrato”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?