Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 1,55 millóns de euros en axudas para mellorar a competitividade e a internacionalización da innovación galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

1,55 millóns de euros en axudas para mellorar a competitividade e a internacionalización da innovación galega

Redacción
Publicado: 16/09/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20190913_gain_01.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, presentou en Santiago de Compostela a nova convocatoria de axudas para fomentar a participación galega no Programa Marco de I+D+i da Unión Europea Horizon 2020. Esta nova liña de apoios, dotada con 1,55 millóns de euros, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro 30 de outubro ou ata o esgotamento de fondos. O obxectivo é dobre: por un lado, mellorar a competitividade do Sistema galego de innovación e, por outro, fomentar a súa internacionalización, a través da mellora da calidade das propostas galegas presentadas ao programa H2020, así como do apoio económico ás propostas cuxa excelencia foi avalada pola Unión Europea e que non accederon a financiamento europeo.
Patricia Argerey subliñou que este programa permitirá seguir reforzando a participación dos axentes galegos, especialmente das empresas, no programa Horizon2020, o Programa Marco de I+D+i da Unión Europea. O retorno acadado pola participación galega en H2020 medrou respecto do anterior Programa Marco, pasando de 89,95 millóns de euros nos 7 anos do FP7 a 93,04 millóns de euros nos primeiros cinco anos de H2020.
Na xornada, ademais de coñecer os detalles da convocatoria, varias entidades beneficiarias de axudas do programa H2020 deron a coñecer a súa experiencia práctica. En concreto, na mesa redonda de casos de éxito, participaron Patricia Rey da Fundación Biomédica Profesor Novoa Santos; Anxo Vidal, representante da empresa Ecoplas Barbanza; Fernando Sánchez, do Centro Tecnolóxico AIMEN, e Javier Pereiro, director xerente de FEUGA, como moderador.

Unha convocatoria pioneira

20190913_gain_02.jpgCofinanciada con fondos do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, trátase da primeira convocatoria en España que contempla todas estas liñas de apoio a PEME e organismos de investigación: unha liña que permitirá financiar propostas de PEME galegas que acadaron o selo de excelencia da Comisión Europea nas Fases 1 e 2 da convocatoria Instrumento PEME de Horizon2020 desde 2016 e que non obtiveron financiamento europeo; e outra dirixida a apoiar a preparación de propostas de calidade tanto de PEME como de organismos públicos e privados de investigación co obxectivo de aumentar o retorno acadado polas entidades galegas no Programa Marco da UE.
A primeira liña, dirixida a PEME e organismos públicos ou privados de investigación e difusión, apoiará propostas individuais ou en consorcio presentadas a calquera convocatoria de H2020 (agás ERC) e que obtiveran unha puntuación superior ao 75% da nota máxima establecida na convocatoria á que concorreron pero que non obtiveran financiamento. Neste caso subvenciónanse os custos de preparación da proposta presentada cunha axuda de ata o 80%.
A segunda liña, dirixida só a PEME, divídese, á súa vez, en dúas modalidades: a primeira que apoiará a realización dun estudo de viabilidade dunha proposta individual presentada a unha convocatoria da Fase I de Instrumento PEME e que obtivera unha nota de avaliación igual ou superior aos 13 puntos ou selo de excelencia, optando a unha axuda de ata o 70% (máximo 50.000 euros), e outra que financiará o desenvolvemento de proxectos individuais que xa foron avalados pola Comisión Europea, na Fase II do Instrumento PEME cunha nota de avaliación igual ou superior a 12 puntos ou obtiveran selo de excelencia, cunha axuda de entre o 35% e o 50% (máximo 800.000 euros). Ambas modalides están enfocadas a PEME e teñen carácter plurianual. Agárdase que preto de 30 propostas galegas presentadas a Instrumento PEME e que recibiron o selo de excelencia poderían acceder a esta segunda liña de apoio.
A dotación desta convocatoria é de 1.555.000 euros, dos que 1,3 millóns están reservados a PEME, e prevese un investimento público total de 5 millóns de euros ata 2022. Forma parte dunha liña de axudas que se estenderá ata o 2022, adiantándose ás modificacións dos programas da Unión Europea e prevendo xa o apoio á participación no seguinte Programa Marco, Horizonte Europa, e ás accións do Consello Europeo de Innovación que dean continuidade ao Instrumento PEME a partir de 2020.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?