Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 30 centros de ensino poderán sumarse este curso a Club da Ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 30 centros de ensino poderán sumarse este curso a Club da Ciencia

Redacción
Publicado: 16/09/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

stem_rapazada_nenas_nenos.jpgUn total de 30 centros de ensino poderán sumarse o vindeiro curso ao programa Club de Ciencia, impulsado pola Consellería de Educación. Estes centros sumaranse aos 91 centros que participaron no curso 2018/19 e que verán prorrogada a súa continuidade neste programa. Esta vontade de iniciar á rapazada na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico compleméntanse coa terceira edición dos Premios Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D, que busca recoñecer o labor nos centros cos materiais e a formación recibida nestes ámbitos.
O obxectivo do Club de Ciencia é “estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos eidos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico”. En base a isto, concíbese como un espazo de aprendizaxe “non formal” baseado nunha metodoloxía de indagación de máxima interactividade entre docentes e alumnado.
Cada centro docente seleccionado para desenvolver un Club de Ciencia recibirá unha achega económica de 1.250 €. O importe máximo da convocatoria, que conta tamén con orzamento para o continuidade dos centros implicados no curso que acaba de rematar, ascende a 151.250 €.
As actividades vencelladas a este programa desenvolveranse fóra do horario lectivo do alumnado nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente, cun mínimo de catro horas ao mes.
Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos da Consellería de Educación que impartan ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.
Este é o cuarto ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa, que naceu como experiencia piloto no curso 2016/17 con 9 centros e que se ampliou a 29 centros no 2017/18 e a 91 centros de ensino público no 2018/19.
Desafíos STEM
Polo que se refire aos Desafíos STEM, os proxectos que se presenten aos premios deberán estar elaborados enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería realizou aos centros públicos de ensino non universitario dende o curso 2016/17, tales como equipamento de robótica educativa, placas de comunicación e programación e equipo de impresión 3D. Para empregalos, o alumnado conta cos coñecementos específicos STEM presentes nas aulas galegas a través das distintas materias troncais, específicas e máis concretamente nas materias de libre configuración autonómica de Programación para a educación secundaria obrigatoria e Robótica para bacharelato. O curso pasado participaron nesta convocatoria, enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020, un total de 11 centros educativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?