Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e Boeing achegarán formación aeroespacial para o noso alumnado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e Boeing achegarán formación aeroespacial para o noso alumnado

Redacción
Publicado: 18/09/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_boeing_acordo.jpgA Universidade de Vigo e Boeing Research & Technology Europe asinaron hoxe un acordo de colaboración para impulsar na nosa terra a formación aeroespacial. A alianza abrangue iniciativas concretas e visibles, como a creación dun laboratorio na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, emprazada no Campus de Ourense, ou a realización de prácticas do alumnado deste centro na devandita empresa aeronáutico. Tamén se porá en marcha un premio para visualizar o talento.
O acordo forma parte do Proxecto SkyWay, a achega de Boeing ao Civil UAVs Initiative da Axencia Galega de Innovación (GAIN), con financiamento da Xunta de Galicia e os fondos europeos FEDER. Na sinatura participaron o reitor Manuel Reigosa, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o director xeral da Boing Research Europe, José Enrique Román.
Segundo fixeron saber, o obxectivo do acordo é “promover o desenvolvemento de competencias profesionais no alumnado universitario; mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades dos membros da comunidade universitaria ou outros profesionais para adaptalos ás necesidades da empresa, fomentar a formación continua, a innovación e a investigación”.
O convenio contempla cinco liñas de actuación. A primeira delas é a dotación de material para a creación nos vindeiros meses dun laboratorio destinado ao estudo de actividades aeroespaciais que se denominaría Boeing-Lab e que estaría localizado nas instalacións da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Este material incluiría elementos como tecnoloxías de cómputo, software de investigación e análise, simuladores de tráfico e/ou voo, etc. Ademais, a colaboración abrangue a organización de xornadas de difusión conxuntas centradas na tecnoloxía aeroespacial; promover o Premio Boeing ao mellor expediente académico nos diferentes títulos da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo; a oferta de prácticas na empresa para o alumnado deste centro e a proposta por parte de Boeing de liñas de actividade relativas a traballos fin de grao, mestrado ou doutoramento. Para estas accións, Boeing achegará en 2019 e 2020 un total de 50.000 euros.
Proxecto SkyWay
Segundo se explicou no acto de hoxe, a iniciativa abrolla directamente de SkyWay, que colleu pulo en 2018, cando a firma Boeing, a través do seu Centro Europeo de Investigación e Tecnoloxía (Boeing Research & Technology-Europe), resultou adxudicataria do proxecto lanzado pola Xunta de Galicia baixo a fórmula de compra pública pre comercial para abordar a xestión e seguridade de tráfico para espazos aéreos compartidos dentro do marco do polo galego de innovación aeroespacial Civil UAVs Initiative. “O principal obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que permitan avances nos retos operativos e de seguridade que implica o despregue de sistemas non tripulados en espazos aéreos compartidos”, explicouse hoxe, engadindo que a posta en marcha de SkyWay inclúe unha serie de actividades clave no marco socio-económico para Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?