Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentan os 17 casos de uso da 5G que se desenvolverán en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentan os 17 casos de uso da 5G que se desenvolverán en Galicia

Redacción
Publicado: 18/09/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20190918_amtega___01.jpgA Cidade da Cultura acolle hoxe a Xornada Os retos do 5G en Galicia. Casos de uso, na que se presentan os 17 casos de uso 5G que se van a desenvolver na nosa terra. O encontro foi inaugurado pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o CEO de Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau, que previamente formalizaron un acordo para establecer diferentes liñas de colaboración entre o Observatorio Nacional 5G e a AMTEGA no marco do Plan Galicia 5G.
A directora de AMTEGA destacou que, coa posta en marcha do Plan Galicia 5G «conformamos un ecosistema e un contexto que favoreceu a aposta dos operadores por Galicia para desenvolver as súas iniciativas de 5G». Neste sentido, Mar Pereira lembrou que en maio a Comunidade foi o territorio escollido para a primeira conexión 5G en roaming a nivel internacional; que en xuño Vigo e A Coruña foron das primeiras cidades en contar con redes 5G e que Galicia, é xunto con Andalucía, unha das comunidades nas que levarán a cabo pilotos desta tecnoloxía subvencionados por Red.es.
20190918_amtega___02.jpgPola súa banda, Carlos Grau, CEO de Mobile World Capital Barcelona, concluíu que estamos a situar a España nunha posición de liderado en tecnoloxía 5G a nivel europeo. En concreto, para Grau, «temos unha enorme oportunidade e só poderémola aproveitar se somos capaces de dinamizar ben a todos os axentes do ecosistema, desde empresas á administración, pasando por operadores, fabricantes e mesmo, todo o colectivo emprendedor do país».

Contidos
  • Casos de uso do Nodo 5G
  • Incendios e emerxencias
  • Automoción e industria

Casos de uso do Nodo 5G

No marco do Nodo 5G impulsado pola Comunidade xa se concretaron cos tres principais operadores un total de 9 casos de uso no ámbito sanitario, na loita contra incendios e emerxencias, así como nos sectores da automoción, a industria, a educación e o turismo:
Saúde
No ámbito sanitario pilotarase a capacidade do 5G para mellorar a accesibilidade a centros sanitarios de áreas rurais, de forma que poidan enviar imaxes de equipos de diagnóstico, ter acceso ultrarrápido ao historial clínico do paciente, a consultas remotas co hospital de referencia ou a monitoraxe remota de pacientes en domicilio.
Outro caso de uso será o soporte remoto para urxencias sanitarias, que permitirá, por exemplo, ao persoal médico visualizar en remoto ao ferido mediante unhas lentes wearables, con calidade de alta definición, sen interrupcións e con baixa latencia.

Incendios e emerxencias

No ámbito das emerxencias empregarase 5G para o envío de vídeo, imaxe e parámetros en tempo real aos centros de atención ás emerxencias.
Outro caso de uso 5G aplicarase á extinción de incendios con solucións baseadas no uso de roupa intelixente dotada de sensores que permitirán captar e compartir en tempo real información ambiental, imaxe e vídeo en alta calidade e acceder a cartografía en tempo real.

Automoción e industria

Aplicarase o 5G ao coche conectado para incrementar a seguridade e comodidade dos vehículos autónomos, implementando solucións para mellorar a interacción do vehículo cos sensores e información das vías.
Por outra banda, pilotarase un sistema de control de acceso e vixilancia avanzada por recoñecemento facial e matrícula de vehículos no porto de Vigo, que permitirá a autenticación dos usuarios e vehículos con acceso permitido ao recinto.

Educación, Turismo e Audiovisual

No ámbito educativo pilotarase un campus virtual para facilitar o seguimento das clases fora da aula. A través de vídeo streaming retransmitiranse contidos didácticos de moi alta calidade aos que se superporán contidos virtuais, de modo que os estudantes en remoto terán a sensación de asistir in situ ás aulas.
Outro caso de uso será a aplicación do 5G ao ámbito turístico, mediante a instalación de cámaras 360 graos en enclaves estratéxicos que transmitirán imaxes en tempo real, ás que se lles aplicarán técnicas de realidade aumentada, o que proporcionará ao usuario a sensación dunha visita real.
No eido audiovisual probarase a capacidade do 5G para as retransmisións en directo de eventos en ultra alta definición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?