Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aula CeMIT de Ribeira achega sete novos cursos TIC para a veciñanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aula CeMIT de Ribeira achega sete novos cursos TIC para a veciñanza

Redacción
Publicado: 19/09/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A concelleira Ana Barreiro e Manuel Bello, responsable da aula CeMIT de Ribeira
A concelleira Ana Barreiro e Manuel Bello, responsable da aula CeMIT de Ribeira
Baixo o título de Outono Dixital, a aula CeMIT de Ribeira acollerá durante os meses de outubro e novembro novos cursos co obxectivo de introducir á veciñanza nos distintos eidos das novas tecnoloxías. A encargada de detallar a programación foi a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, acompañada do axente TIC Manuel Bello. En total, son sete as accións formativas ofertadas a persoas maiores de 18 anos e de distintos tipos de perfís.
· Ofimática – LibreOffice, do 2 de outubro ao 29 de novembro, con clases os luns, mércores e venres, en horario de 09.30 a 11.00 horas. Os contidos que se imparten capacitan ao alumnado para poder presentarse aos exames CODIX, certificación galega de competencia dixital en ofimática.
· Iníciate na Informática, do 3 de outubro ao 28 de novembro, con clases martes e xoves, en horario de 09.30 a 11.00 horas.
· Sede electrónica, no que haberá un curso en outubro e outro en novembro. No caso do próximo mes, as clases terán lugar do 21 ao 24, de luns a xoves, en horario de 11.30 a 13.00 horas.
· Espreme o teu móbil, no que tamén haberá un curso cada mes. O de outubro terá lugar do 21 ao 24, de luns a xoves, en horario de 11.30 a 13.00 horas.
· Edición de vídeo, do 18 ao 29 de novembro, de luns a venres, en horario de 11.30 a 13.00 horas.
Existe un límite de prazas establecido en 12 para cada unha das accións formativas e as inscricións poden formalizarse tanto na páxina web, coma nas propias instalacións da aula, situada debaixo da escola infantil municipal, na rúa Cubeliños 1 e con teléfono 981876043.
Tamén se manifestou a intención de abrir un grupo de WhatsApp co obxectivo de informar das convocatorias para o 2020. Así mesmo, Ana Barreiro anunciou que se celebrarán cursos de balde en tódalas parroquias que o requiran, sempre que a demanda sexa dun mínimo de 5 veciños, con posibilidade de consensuar os contidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?