Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística e Ames reivindican a toponimia como factor de normalización lingüística e dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística e Ames reivindican a toponimia como factor de normalización lingüística e dixital

Redacción
Publicado: 19/09/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornadas_toponimia_ames_inauguracion.jpgEstes días (onte, hoxe e o vindeiro 30 de setembro) estanse a celebrar en Bertamiráns, no pazo da Peregrina, a primeira edición das Xornadas de Toponimia organizadas polo Concello de Ames e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Real Academia Galega (RAG), na que participan uns 50 docentes tendo contacto directo coas ferramentas tecnolóxicas de meirande potencial para rexistrar, xeorreferenciar, divulgar e preservar os nosos nomes de lugar.
As sesións foron inauguradas onte polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, José M. Miñones, alcalde de Ames, Escarlata Pampín, concelleira de Normalización Lingüística de Ames, e Henrique Monteagudo, secretario da RAG.
A iniciativa mostra o valor dos nomes de lugar como “ferramenta normalizadora” e xurdiu a raíz da publicación do traballo Toponimia de Ames, de Xosé Ramón López Boullón, que viu a luz grazas á colaboración do Concello co Seminario de Onomástica da RAG.
Valentín García sinalou que a riqueza dos nomes de lugar de Galicia é “impresionante” e que a nosa Comunidade é “un dos territorios europeos que reúne maior número de topónimos por metro cadrado”. Segundo engadiu, esta riqueza “debe ser preservada e revitalizada, non só porque os topónimos son como unha hucha da cultura que nos transmite información sobre a nosa historia, orografía ou concepción do mundo, senón tamén porque preservalos é preservar a lingua: palabras que lles oíamos de cativos aos avós e que fomos deixando de sentir consérvanse aínda para nomear unha veiga ou unha chousa”.
No aspecto formativo e divulgativo, nestas xornadas estanse a achegar nocións sobre os conceptos básicos de toponimia (orixe dos nomes de lugar, clasificación, recollida, usos…); divulgación da toponimia amesá; recursos bibliográficos e tecnolóxicos para traballar cos nomes de lugar; aplicacións didácticas da toponimia en áreas como coñecemento do medio, historia, TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), educación física, lingua…; utilidades da toponimia como ferramenta de normalización lingüística; e propostas para traballar coa toponimia en educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato.
Alén da base teórica das diversas intervencións, as xornadas serán “fundamentalmente prácticas” e a través delas achegaranse propostas para traballar coa toponimia desde diferentes áreas e niveis co obxectivo de que xurdan proxectos colaborativos que “impliquen e estimulen a comunidade amesá no proceso de normalización lingüística”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?