Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova edición do Plan DigiTalent con 36 iniciativas para o curso 2019/2020
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova edición do Plan DigiTalent con 36 iniciativas para o curso 2019/2020

Redacción
Publicado: 23/09/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

digitalent_bot.jpgA AMTEGA pon en marcha unha nova edición do Plan DigiTalent para o curso 2019/2020 con 36 iniciativas, 13 máis que na anterior edición, para impulsar as vocacións tecnolóxicas, os novos perfís dixitais e reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital.
As liñas do Plan para este curso pecháronse nunha xuntanza de traballo que tivo lugar esta semana coas empresas tecnolóxicas do pacto dixital, que se adheriron ao Plan, Indra, everis, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone, DXC, Orange e o Clúster TIC.

Contidos
  • Novas actuacións para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas
  • Novo impulso aos perfís dixitiais
  • Reforzo das capacidades de e-liderado para a transformación dixital
  • Máis de 5.000 beneficiarios

Novas actuacións para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas

Para motivas e potenciar as vocacións STEM desde idades temperás, este curso desenvolveranse 9 iniciativas diferentes, que posibilitarán que máis de 1.600 nenos e nenas en idade escolar participen talleres e actividades ludico-formativas en torno á robótica, o uso seguro de internet ou desafíos tecnolóxicos.
Ademais, levaranse de novo ao centros educativos charlas e actividades divulgativas para achegarlles aos máis novos o interese polos estudos científico-tecnolóxicos, prestando especial atención ás nenas, ofrecendo máis de 900 prazas.
Neste eixo cabe destacar o a posta en marcha este curso do programa da Fundación Vodafone “DigiCraft no teu cole”, ao que se poderán adherirse 50 centros educativos, para reforzar as competencias dixitais de nenos e nenas de 6 a 12 anos. Ademais, desenvolverase a terceira edición de Tecnólog@ por un día máis de 60 prazas no que os participantes experimentarán un día de traballo no marco das profesións dixitais.
Adicionalmente, celebraranse novas edicións do concurso The North Codes e da competición World Robot Olympiad Galicia que porán a proba o enxeño e coñecementos TIC dos participantes.

Novo impulso aos perfís dixitiais

No segundo eixo do Plan orientado a impulsar os novos perfís dixitais, porase en marcha programa de Bolsas DigiTalent, que ofrecerá 50 bolsas para realizar prácticas non laborais en empresas do sector TIC a estudantes de carreiras de Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais, Xurídicas, Arquitectura e Enxeñaría matriculados en calquera das tres universidades galegas superados o 75% dos créditos.
Impulsaranse, ademais, novas actividades de sensibilización e asesoramento (talleres, sesións inspiradoras, concursos, premios, etc.) no marco de iniciativas lideradas pola empresa everis como a Cátedra de Transformación Dixital ou a Cátedra R Ciberseguridade.
Así mesmo, este mes de setembro comezou o Curso de Especialista en 5G impulsado pola AMTEGA en colaboración coa a Universidade de Vigo e o operador público Retegal para a capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G a diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico.

Reforzo das capacidades de e-liderado para a transformación dixital

Por último, para promover as capacidades de e-liderado que permitan ás persoas identificar, crear e explotar oportunidades derivadas da innovación dixital, darase continuidade ás actuacións de acompañamento no proceso de transformación dixital e como accións formativas a través do Centro Demostrador TIC, o programa AceleraTIC ou o Reacciona TIC.

Toda a actualidade sobre as actuacións recollidas no catálogo DigiTalent, atópase dispoñible no espazo web digitalent.xunta.gal, onde se recolle a información relativa aos detalles das actuacións (datas, localizacións e instrucións para a participación) a medida que estea dispoñible.

Máis de 5.000 beneficiarios

En concreto, ata o de agora promovéronse nestes tres eixos un total de 23 actuacións, 13 delas orientadas á impulsar as vocacións científico-técnicas entre o máis novos. Ademais, o Plan contou con outras 5 iniciativas orientadas a impulsar os novos perfís dixitais e as 5 restantes están orientadas a formar a perfís directivos para liderar a transformación dixital da súa empresa. No seu conxunto, as distintas actividades desenvoltas chegaron ata o momento a máis de 5.300 persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?