Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha aplicación sobre o patrimonio xacobeo en 3D e rutas virtuais promoverá os Camiños de Santiago en Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha aplicación sobre o patrimonio xacobeo en 3D e rutas virtuais promoverá os Camiños de Santiago en Europa

Redacción
Publicado: 23/09/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20190923_app_xacobeo_01.jpgA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación dos primeiros resultados do Creative Loci Iacobi, un dos proxectos europeos nos que a Xunta vén participando nos últimos anos coa vista posta no vindeiro Xacobeo 21 e que permite aplicar novas tecnoloxías para promover o Camiño de Santiago en Europa, tanto entre os peregrinos e potenciais turistas como entre os investigadores.
Como explicou, trátase dunha iniciativa coa que o Goberno galego continúa a “establecer instrumentos estables de cooperación europea en materia turística” co resto de Europa ao tempo que divulga a Ruta Xacobea dando resposta ás necesidades actuais da peregrinación e aliñándose cos obxectivos do Smart Camiño que busca aproveitar ao máximo a experiencia do Camiño grazas ás vantaxes da tecnoloxía. Neste sentido, Nava Castro tamén fixo referencia ao Plan estratéxico do Xacobeo 21, a folla de ruta que está a marcar o traballo para o vindeiro ano santo e que busca ofrecer a mellor Galicia no plano cultural, turístico, económico e social.
20190923_app_xacobeo_02.jpgNa rolda de prensa, a directora de Turismo de Galicia estivo acompañada por Covadonga Riesco, da empresa Malvado Group, e Xoel Vázquez da empresa Xoia, dous dos socios do proxecto encargados de deseñar e desenvolver varias das ferramentas dixitais das que deron todos os detalles neste acto.
Como explicaron, ao abeiro do Creative Loci Iacobi Galicia estará incluída nos diferentes tours virtuais creados en Europa dos que forman parte diferentes puntos de España, Bélxica, Francia, Lituania, Polonia ou Portugal. Son viaxes audioguiadas, con música e sons que teñen como guía un personaxe histórico destacado en cada un dos oito territorios do proxecto. No caso de Galicia o narrador é o Mestre Mateo.
Ademais, deseñouse unha app audioguiada de realidade aumentada e editouse unha revista divulgativa con modelos en 3D de diferentes valores patrimoniais de cada territorio que permiten ver a través do teléfono móbil versións practicamente reais, en 3D e en miniatura, de patrimonio como o Pedrón da Igrexa de Santiago de Padrón, o Santiago Maior da Porta Santa da Catedral de Santiago, o Santiago Peregrino do Colexio de San Xerome ou varias pezas do Museo das Peregrinacións, entre outras.(p>

Contidos
  • Peregrinos e potenciais turistas
  • Ferramentas dispoñibles en liña

Peregrinos e potenciais turistas

Como explicou Nava Castro, o proxecto Creative Loci Iacobi contribúe a seguir posicionando a Galicia en Europa a través do Camiño de Santiago grazas a unha iniciativa “transversal, innovadora e tecnolóxica” que crea ferramentas útiles tanto para o impulso da investigación ao redor da Ruta Xacobea, como para os peregrinos e potenciais turistas. “O Camiño de Santiago é un elemento clave na marca Galicia e debemos coidalo, mantelo e tamén poñelo a disposición e coñecemento de todos”, dixo.
Nava Castro recordou ademais, a importancia que estas ferramentas terán tendo en conta o alto nivel de fidelidade dos peregrinos ao Camiño e o seu papel como futuros turistas xa que, segundo o Estudo do Impacto Socioeconómico do Camiño de Santiago elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), o 98% recomendaría facer a ruta e o 85% afirma que volverá a Galicia como turista.

Ferramentas dispoñibles en liña

Ademais de Galicia -que foi o socio coordinador-, o proxecto Creative Loci Iacobi contou como socios coa Federación Europea do Camiño de Santiago, a Asociación de Municipios dos Camiños de Santiago en Lituania, a Federación do Turismo da Provincia de Namur en Bélxica, o municipio de Vila Pouca de Aguiar en Portugal, o Voivodato de Kujawkso-Pomorskie de Polonia, así como as empresas Malvado Group e Xoia.
Todas estas utilidades así como mapas creativos e outras ferramentas que están en desenvolvemento estarán dispoñibles nas plataformas dixitais de Turismo de Galicia e nas de todos os socios e serán, ademais, facilmente transferibles a outros países polos que transcorren os Camiños de Santiago e a outras rutas transnacionais europeas ao contar entre os nosos socios coa Federación Europea do Camiño de Santiago, que está en permanente crecemento coa adhesión de novos membros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?