Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta porá en marcha un Plan de capacitación dixital do empregado público
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta porá en marcha un Plan de capacitación dixital do empregado público

Redacción
Publicado: 24/09/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20190924_egap_02.jpgEsta mañá a directora da AMTEGA, Mar Pereira, na inauguración do Curso Superior de Administración Electrónica (no que participarán 80 empregados públicos ata o 22 de outubro), adiantou que a Administración autonómica contará cun Plan de capacitación dixital do empregado público dirixido a todas as persoas que traballan nas administracións públicas galegas e que permitirá acadar o certificado galego de competencias dixitais. Na sesión inaugural tamén interviñeron a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez.
A responsable da estratexia dixital autonómica sinalou que se está a traballar na concreción deste marco de competencias dixitais, recollido na Lei de Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA), e que se prevé que estea regulado no 2020. Neste sentido, destacou a importancia da formación no proceso de transformación dixital e lembrou que este ano, grazas á colaboración entre a EGAP e a AMTEGA, a oferta formativa supera as 1.800 horas en diferentes cursos sobre Administración electrónica e seguridade.
20190924_egap_03.jpgA directora da AMTEGA subliñou que o acceso dos empregados públicos á formación é chave para que poidan desempeñar a súas funcións nun contexto dixital e intensificar o uso dos servizos dixitais.
O sistema de indicadores do Plan de Goberno e Administración Dixitais 2020 apunta a un incremento no uso dos servizos dixitais tanto dentro e fóra da Administración. A nivel interno no primeiro semestre do ano os empregados públicos realizaron 4,7 millóns de consultas á Plataforma de interoperabilidade Pasaxe!, 32% máis que en 2018; rexistráronse máis de 233.000 notificacións electrónicas, un 41% máis que no mesmo semestre de 2018 e asinaron máis de 1,8 millóns de documentos electronicamente, preto do dobre que o ano anterior. Por parte dos cidadáns mantense o incremento da xestións online coa Xunta fronte ás presenciais.
20190924_egap_01.jpgPor outra banda, a directora da EGAP sinalou a importancia da formación do persoal empregado público para poder afrontar os retos tecnolóxicos e normativos que está a supoñer a administración dixital. Neste senso, destacou o proxecto Universo EGAP innova, unha nova iniciativa da Escola que ten como finalidade contribuír á implantación da administración electrónica a través dunha formación práctica, colaborativa e dinámica que implique ao alumnado. No marco deste proxecto, o pasado venres convocouse no DOG o primeiro dos E-martes, no que 50 persoas accederán a unha xornada práctica sobre o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?