Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bionix achega as etiquetas intelixentes ás PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bionix achega as etiquetas intelixentes ás PEME

Redacción
Publicado: 24/09/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bionix-laboratorio.jpgAté o de agora a tecnoloxía de localización por radiofrecuencia (RFID) relacionouse con grandes proxectos só ao alcance das multinacionais da industria, a loxística ou a distribución, pero Bionix Supplychain Technologies, startup galega fundada en 2017, quere achegar esta tecnoloxía ás PEME, para as que deseña e desenvolve proxectos á medida das súas necesidades. Aseguran que a partires dun investimento moi contido é posible acceder ás vantaxes que brindan as etiquetas intelixentes.
Bionix ofrece solucións Item Intelligence, ou de etiquetas intelixentes, que permiten aos negocios ter unha visibilidade e control total sobre o seu inventario, a cadea de subministración ou o fluxo de operacións, cunha trazabilidade completa de cada un das unidades producidas ou distribuídas.
Isto tradúcese en importantes incrementos de eficiencia e reducións de custos. No caso da distribución pode tamén contribuír a mellorar a experiencia de compra dos clientes.
jacobopenide-ceo-bionix.jpg«A xente tende a identificar RFID con grandes investimentos. Nós logramos que isto xa non teña que ser así. Deseñamos e implementamos proxectos que poden estar ao alcance dunha simple tenda, pero tamén traballamos en proxectos máis grandes. Ter desenvolvemento e medios de fabricación propia permítenos esa flexibilidade», explica Jacobo Penide, CEO de Bionix, quen asegura que o investimento, que pode ir dos 1.500 aos 150.000 euros, pode estar amortizado nun ano.
bionix-app.jpgO primeiro laboratorio de certificación de etiquetas RFID de España Os sectores de distribución, industrial e saúde son os principais focos de interese de Bionix, que xa culminou a primeira fase do desenvolvemento da súa plataforma tecnolóxica, que presentará proximamente en feiras en Alemaña e Estados Unidos. Conta xa con proxectos implantados en empresas galegas do sector da distribución de moda, e na súa sede da Coruña está a poñer en marcha o que será o primeiro laboratorio de certificación de etiquetas RFID de España.
Bionix colabora moi activamente con GRADIANT Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia para o desenvolvemento da súa tecnoloxía, e deseña e manufactura todos os equipos necesarios para implementar unha solución RFID completa. Ademais, desenvolveu a súa propia plataforma cloud e unha aplicación móbil para Android e iOS que permite unha xestión áxil e eficiente dos inventarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?