Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vai de peixe, a nova campaña dixital da Consellería do Mar para achegarse aos millennials
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vai de peixe, a nova campaña dixital da Consellería do Mar para achegarse aos millennials

Redacción
Publicado: 24/09/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vai_de_peixe_web.jpgA Consellería do Mar presenta a campaña Vai de peixe destinada a impulsar o consumo de produtos do mar e da acuicultura entre os consumidores da franxa de idade entre os 18 e os 35 anos, os coñecidos como millennials. Deste xeito a Consellería do Mar lanza por primeira vez unha campaña dirixida especificamente a este segmento de público e realiza un novo xeito de promoción con difusión exclusiva en redes sociais coa finalidade de promover os beneficios dos produtos do mar entre a xente nova.
A Xunta arranca Vai de peixe coa posta en marcha da páxina web, dunha canle de YouTube e dun perfil de Instagram desta iniciativa que fomenta hábitos de alimentación saudable e o consumo habitual de peixes e mariscos entre os consumidores con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, un segmento da poboación que se atopa en plena fase de formación profesional e/ou emancipación e que comeza a estar especialmente concienciado cunha nutrición equilibrada e sa.
A campaña contempla diferentes accións que se basean en difundir receitas fáciles, informacións sobre os produtos de pesca e na organización de diferentes eventos como as visitas dun tráiler a zonas universitarias e/ou estudantís de Galicia nas que se fará un showcooking por parte dun cociñeiro, co obxectivo de que a xente nova probe os produtos do mar e da acuicultura. Tamén prevé a realización de concursos e charlas motivadoras, entre outras accións.
Estas actividades iranse difundindo progresivamente a través das novas canles dixitais de Vai de peixe. Para iso contará con catro influencers que actuarán como prescritores e dinamizadores da campaña e do seu contido. Elas e el son a atleta olímpica Ana Peleteiro, a presentadora Eva Iglesias e os youtubeiros Carolina Iglesias (Percebes y Grelos) e Coque Macho.
Con todas estas accións, que se prolongarán durante este curso 2019-2020, Vai de peixe busca orientar á mocidade na compra e no cociñado dos peixes e mariscos promovendo as súas propiedades nutricionais e amosándolle a versatilidade gastronómica destes produtos cos que en pouco tempo se pode conseguir un prato saboroso con peixe e marisco como protagonista.


Vídeo co que estrean a campaña Vai de peixe

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?