Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O espazo de traballo colaborativo do Pazo de Arenaza organiza o Digital Transformation Day
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O espazo de traballo colaborativo do Pazo de Arenaza organiza o Digital Transformation Day

Redacción
Publicado: 25/09/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pazo_arenaza_digital_transformation_day.jpgO Pazo de Arenaza (Deputación da Coruña) acollerá este 26 de setembro, en horario de mañá, o Digital Transformation Day, un evento organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e enmarcado dentro dos Tech Days de Arenaza, no que varios relatores de prestixio falarán da transformación dixital e as tecnoloxías da Industria 4.0 implicadas.
Durante toda a xornada, afondarase nos recursos TIC máis punteiros e en como poden aplicarse para xerar beneficio nas empresas. Trataranse temas como a análise rendible de datos a gran escala (Big Data), a ciberseguridade, as bases de datos compartidas (blockchain), a Realidade Aumentada e a Intelixencia Artificial. O evento é gratuíto e está aberto a todas as persoas interesadas, podendo inscribirse cubrindo o formulario que figura na páxina do web Pazo de Arenaza.
O programa da xornada estruturarase da seguinte maneira:
· 09:00 – O Big Data, por Guillermo López Taboada
Director executivo (CEO) e co-fundador de Torusware, empresa que desenvolve solucións tecnolóxicas Big Data e DeveOps. Ademais, é profesor asociado de Enxeñería Informática na Universidade da Coruña.
· 10:00 – Ciberseguridade, por Rafael Villaverde
Director executivo de Infonet, empresa dedicada a servizos e solucións TIC e especialista en soporte técnico, transformación dixital e ciberseguridade.
· 11:00 – Café
· 11:30 – Blockchain, por Daniel Cerqueiro
Experto en mercadotecnia e transformación dixital, amais de director de Procesos en Docuten, empresa con sede na Coruña e Madrid que proporciona servizos de sinatura dixital, factura electrónica e cobros, automatizando o ciclo de documentos de negocio.
· 12:30 – Realidade Aumentada, por Xoel Vázquez
Director executivo de Xoia Software Development, empresa arraigada no sector da Realidade Aumentada e Virtual que desenvolve produtos para todos os sectores.
· 13:30 – Intelixencia Artificial, por Eduardo San Miguel
Con máis de quince anos de experiencia en diversos sectores, é experto en intelixencia nos negocios e Big Data. Actualmente encárgase da área de Intelixencia Artificial en Barkibu.
· 14:30 – Creación de redes de contactos (networking)
O pazo
O Pazo de Arenaza é un espazo de traballo colaborativo (coworking) posto en marcha pola Deputación Provincial da Coruña no marco do seu Plan de emprego local (PEL). O seu funcionamento como espazo de traballo cooperativo comezou o pasado mes de abril e actualmente mantén todos os postos de traballo ocupados. Porén, o proceso para a presentación de solicitudes de acceso ao espazo encóntrase permanentemente aberto, xa que, no caso de recibirse novas solicitudes abrirase unha listaxe de espera. As instrucións de acceso pódense consultar na web do Pazo https://arenaza.pel.gal/gl como na web do Plan de emprego local: https://pel.gal/.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?