Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os eSports e os videoxogos, presentes no encontro galego-portugués Mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os eSports e os videoxogos, presentes no encontro galego-portugués Mocidade

Redacción
Publicado: 01/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

imaxe_evento_mocidade.jpgEstes luns abriu o prazo de inscrición para participar en Mocidade: Encontro da Xuventude creativa e emprendedora Galicia-Norte de Portugal. A iniciativa, que vén da man do Goberno galego (Proxecto Lidera), pon a disposición das mozas e mozos de ámbalas beiras da raia 400 prazas para formárense en creatividade, emprendemento, cultura e lecer. Favorecerase o intercambio de experiencias, proxectos e propostas, e impulsarase o desenvolvemento persoal e profesional da xuventude, poñendo o foco nas novas ferramentas tecnolóxicas (facendo especial fincapé nos videoxogos). O encontro será na Cidade da Cultural, entre o 25 e o 27 de outubro.
Para favorecer a vertente de empregabilidade, no transcurso da cita, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela habilitará un punto de recollida de currículos.
O programa de contidos da cita será, en palabras da organización, multidisciplinar, moderno e vangardista. Neste senso, farase fincapé en sectores emerxentes como poden ser os videoxogos. De feito, os días 25 e 26 a firma e-Sports contará cunha zona para exhibición na que poderán participar as mozas e mozos participantes.
Este evento está destinado ás mozas e mozos galegos de entre 18 e 30 anos de idade. A inscrición é totalmente gratuíta e dará acceso a todas as mesas redondas, charlas e dinámicas do evento, aos concertos musicais, así como ao aloxamento e manutención durante os tres días do encontro.
O primeiro día a programación contará con dúas mesas redondas, a primeira delas baixo o nome Emprendemento: da idea á realidade e a segunda, Claves para xerar futuro: actitude, aptitude e talento, na que participarán, entre outros, o rapeiro Arkano, o artista Abelo Valis e a deportista galega paraolímpica Desirée Vila. Para finalizar a xornada, haberá música ao vivo a cargo de Baiuca e Ortiga.
O día 26 pola mañá poñerase en marcha un novo relatorio co título Novas profesións: as oportunidades na industria dos videoxogos. Ademais, haberá diversos espectáculos en directo, un de creación de graffitis, unha demostración de cociña e unha charla sobre como funciona un equipo de e-Sports. Pola tarde, haberá unha nova charla, neste caso, ofrecida polo artista El Langui co nome: Xuventude inquieta, xuventude creativa: superación, expresión e creatividade. Tamén na xornada vespertina celebrarase a mesa redonda Comunidade Tech e para rematar de novo con música a cargo de Blanco Palamera, Triángulo de Amor Bizarro e Cora Novoa.
A última xornada, os participantes en Mocidade realizarán o último tramo do Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro. Por último terá lugar unha actuación de Presumido e The Sunflowers para pechar o evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?