Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone presenta unha solución avanzada de conectividade e seguridade para PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone presenta unha solución avanzada de conectividade e seguridade para PEME

Redacción
Publicado: 02/10/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone_48831253872_73c5b5dc53_k.jpgCo obxectivo de dotar ás empresas de menor tamaño de solucións avanzadas para garantir a integridade dos seus datos, Vodafone presenta Conectividad Aumentada, un servizo que proporciona unha rede privada virtual (VPN) entre as sedes dunha empresa, aplicando políticas de encamiñamento a escala de aplicación e usuario, sobre unha conectividade da Internet.
Co lanzamento de Conectividad Aumentada, proposta baseada en SD-WAN de Cisco, Vodafone posiciónase como o primeiro operador en ofrecer unha solución destas características ao segmento de pequenas e medianas empresas (entre 50 e 100 empregados), con funcionalidades avanzadas:
– Servizos de Seguridade na navegación desde cada sede aplicando funcións de firewall de aplicacións, web filtering, protección de intrusións e antimalware. Desta maneira, a rede empresarial conecta de forma segura e flexible a usuarios e localizacións e entre si porque Conectividad Aumentada detecta o tráfico potencialmente daniño que chega á rede e implementa devasas virtuais rapidamente.
– A rede configúrase e xestiónase de forma centralizada por persoal experto de Vodafone, o que significa que os cambios se poden automatizar e realizar con garantías rapidamente, en resposta ás novas demandas do negocio.
– O Servizo de Teletraballadores permite unha conexión segura de usuarios remotos á VPN da empresa a través de Internet, de modo que traballan remotamente coma se estivesen na oficina, suxeitos aos mesmos estándares de seguridade.
– O Portal de visualización ofrece os parámetros e estatísticas do servizo en tempo real, así como a autogestión de usuarios para a conectividade Wi-Fi e teletraballadores. Este nivel de visibilidade e control en tempo real de toda a rede permite xestionar recursos, previr ameazas e adaptar os servizos de maneira áxil á dinámica do negocio.
Para unha maior comodidade, Conectividad Aumentada comercialízase como un único pack integrado nun modelo de pagamento mensual. O prezo é de 100 euros ao mes por sede sen cota de alta, cunha permanencia de 24 meses. Ademais, os primeiros clientes pódense beneficiar dun 50% de desconto durante os tres primeiros meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?