Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os referentes galegos en Compra Pública Innovadora centraron unha xornada no CETIM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os referentes galegos en Compra Pública Innovadora centraron unha xornada no CETIM

Redacción
Publicado: 04/10/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cetim_xornadacomprapublicainnovadora_1.jpgO Centro Tecnolóxico CETIM, con sede en Culleredo, acolleu onte unha xornada técnica na que se analizaron os retos e oportunidades que ofrece a Compra Pública Innovadora (CPI) e a Compra Pública Precomercial (CPP) para o sector da construción e as empresas e promotores de proxectos innovadores. O encontro foi inaugurado pola directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, quen salientou o papel de Galicia neste ámbito e lembrou que a nosa Comunidade “executa o 40% dos fondos de CPI do conxunto de España” sendo tamén “un referente en boas prácticas desde a administración”. Argerey puxo como exemplo o caso de CETIM como “un centro modelo que ten capacidade para captar este tipo de fondos e xestionar proxectos de innovación”.
Pola súa banda, Teresa Riesgo, directora xeral de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación e Universidades, interveu no encontro para explicar o funcionamento dos fondos dispoñibles para a Compra Pública Innovadora e a Compra Pública Precomercial, “dous puntais de fomento da innovación que facilitan un marco de traballo entre as empresas e a administración”. Este marco, sinalou, permite “mellorar os servizos públicos, fomentar a innovación empresarial e situar e xerar riqueza no tecido produtivo”. Riesgo defendeu que este sistema de compra pública convértese “nun novo e interesante marco de relación entre as empresas e a administración, dado que impulsa un I+D orientado a solucionar retos da sociedade en ámbitos como a saúde, a construción, o desenvolvemento tecnolóxico e unha infinidade de campos de interese público”.
Pola súa banda Toni Pons, director xeral de CETIM, salientou a oportunidade que supón para moitas empresas e para a propia administración o modelo da CPEI ou a CPP, onde existe un “esforzo e unha responsabilidade compartida que minimiza riscos”.
Amais, o responsable da Oficina de Compra Pública Innovadora do CDTI, dependente do Ministerio de Ciencia, Sergio Capitán, precisou que “a última convocatoria de CPI contou coa candidatura de 25 proxectos promovidos desde Galicia”. E engadiu: “Un deses proxectos superou o filtro e figura entre o sete propostas finalistas”.
Na xornada analizáronse varios casos de éxito a través dos testemuños de diferentes empresas innovadoras do sector da construción de referencia internacional, como é o caso de OHL, COMSA, Acciona, a galega ABN ou a multinacional BASF.
O acto, que foi clausurado polo alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo Castro, tamén serviu para que os asistentes coñecesen as instalacións e os últimos proxectos de CETIM, un centro dedicado á investigación e o desenvolvemento en diferentes sectores, que participa en proxectos de ámbito autonómico, nacional e internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?