Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os socialistas de Lugo únense á campaña #LugoPatrimonioMundial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os socialistas de Lugo únense á campaña #LugoPatrimonioMundial

Redacción
Publicado: 07/10/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

psoe_lugo-sinatura_muralla.jpgOs socialistas de Lugo veñen de sumar o seu apoio oficial á candidatura do casco histórico de Lugo como Patrimonio da Humanidade, unha iniciativa que está a coller corpo nas redes sociais a través do cancelo #LugoPatrimonioMundial. Na adhesión formalizada hoxe participaron a deputada autonómica Patricia Otero, os candidatos ao Congreso e o Senado pola provincia, Ana Prieto e César Mogo, así como o secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Jose Antonio Quiroga.
Segundo lembraron, a través desta proposta, co-impulsada pola alcaldesa Lara Méndez, quérese acadar o cuarto recoñecemento mundial para a cidade, logo das distincións recibidas pola Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo, todos estes elementos Patrimonio da Humanidade. O que se procura agora é lograr o mesmo selo para o casco urbano amurallado.
Como lembra o grupo socialista, o outro gran impulsor desta iniciativa foi o guía turístico Guido Álvarez (@guidoalvarezp), promotor nas redes da etiqueta-campaña #LugoPatrimonioMundial, que xa recibiu o apoio de deportistas, artistas e políticos a todos os niveis, e que contou cunha ampla repercusión nos medios de comunicación (por exemplo o comunicador local Martín Barreiro, a cantante Lucía Pérez, o ex-alcalde de Donostia Odón Elorza, o ex-rexedor lucense José López Orozco ou entidades como o Club Breogán). A iniciativa foi posta en marcha por Guido Álvarez en febreiro deste mesmo ano. Coincidindo co lanzamento no Twitter, o guía turístico recordou que a campaña dixital é un xeito, tamén, de visualizar ante o mundo as “marabillas do noso centro histórico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?