Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC pide un pacto a prol da investigación no Día da Ciencia en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC pide un pacto a prol da investigación no Día da Ciencia en Galicia

Redacción
Publicado: 08/10/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

premiados_e_medallas_investigacio_n.jpgEste martes foi o Día da Ciencia en Galicia e, por este e outros motivos, foi unha xornada para mostrar, visualizar e reivindicar o importante e modélico traballo das nosas investigadoras e investigadoras. Estamos a falar da entrega das Medallas de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), que se concederon este martes a científicos das universidades de Santiago e Vigo (USC e UVigo).
A entrega das medallas, que se estrean este ano, celebrouse no Colexio de Fonseca de Santiago. Un dos recoñecementos foi dar a Alfredo Bermúdez de Castro, catedrático de Matemáticas e impulsor de grandes achados ligados ás novas tecnoloxías, como por exemplo o desenvolvemento do software Ganeso para a xestión da rede de gas. Na gala de hoxe participou o presidente da RAGC, quen avogou por “un pacto entre axentes políticos, sociais, económicos e académicos a prol da ciencia e a tecnoloxía en Galicia”.
O presidente da entidade, Juan M. Lema Rodicio, recoñeceu o esforzo da Administración por “promover a estruturación do sistema científico galego”, pero precisou que “compre dotarnos con urxencia de programas que permitan a atracción de talento, galego ou non, e que contribúan á dinamización e ao reforzamento dos grupos de investigación”. Ao fío disto, dixo que “é fundamental o traballo conxunto entre a Universidade e a Administración nun marco que permita a incorporación de investigadores de nivel internacional”.
Ao acto, celebrado no Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela, asistiron, entre outras personalidades, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela, Vicente Pérez Muñuzuri; o vicerreitor de Planificación Académica e Profesorado da Universidade de Vigo, Manuel Ramos; o delegado en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Antonio de Ron; e o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio.
mesa_presidencial.jpg O presidente honorario da RAGC, Miguel Ángel Ríos, foi o encargado de glosar a figura do químico Tomás Batuecas Marugán, distinguido este ano como figura homenaxeada no Día da Ciencia en Galicia, coincidindo co 150 aniversario da creación da táboa periódica. Ríos, que foi alumno de Batuecas na Facultade de Química da USC na promoción 1959-1964, lembrou o “altísimo prestixio internacional” de quen foi un auténtico referente mundial na determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos.
Batuecas foi incorporado á exposición Científicos Galegos, na que figuran todos os investigadores homenaxeados ata a data no Día da Ciencia en Galicia e que percorrerá institutos e colexios de toda Galicia.
Durante o acto foron entregadas as Medallas de Investigación da RAGC a cinco científicos e científicas de prestixio en cada unha das súas cinco seccións.
Recibiron a distinción Xavier Labandeira, catedrático de Economía da Uvigo (Medalla Domingo García-Sabell Rivas); Carlos Diéguez González, catedrático de Fisioloxía da USC (Medalla Ánxeles Alvariño); Alfredo Bermúdez de Castro, catedrático de Matemática Aplicada da USC (Medalla Enrique Vidal Abascal); María Teresa Moreira, catedrática de Enxeñería Química da USC (Medalla Isidro Parga Pondal); e José Luis Mascareñas, catedrático de Química Orgánica da USC (Medalla Antonio Casares Rodríguez).
Tamén se fixo entrega dos Premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo, onde “este ano a competencia foi moi forte, debido á calidade e cantidade dos traballos presentados”, segundo precisou o presidente da RAGC.
O Premio de Investigación 2019 foi recollido polos autores da primeira análise xenética de castiñeiros monumentais no sur de Europa, que demostra que as primeiras prácticas de “domesticación instantánea”, é dicir, de cultivo mediante o enxerto, foron realizadas en Galicia, a principios do século XV. O equipo galardoado está liderado por Santiago Pereira e Ana María Ramos, investigadores do Grupo de Agronomía do Campus de Lugo da USC e conta coa colaboración de científicos franceses, italianos, andaluces, vascos e estremeños.
Pola súa banda, o biólogo Juan Cuñarro, do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, recolleu o premio para investigadores mozos, grazas a un traballo de seu que identifica unha nova diana para terapias contra a obesidade e a síndrome metabólica en xeral, un grupo de afeccións relacionadas co risco de desenvolver unha enfermidade cardíaca e diabetes tipo 2.
En ambas as dúas categorías foron entregadas hoxe mencións honoríficas. No caso do premio a investigadores sénior, a María Celeiro, en equipo con María Llompart, do Instituto CRETUS da USC. Na categoría de investigadores mozos, a Xabier García, do Departamento de Matemáticas do Campus de Ourense da UVigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?